Nin carteira nin escritora nin bibliotecaria nin científica nin xornalista nin veterinaria nun zoo nin moito menos profesora; a señorita Kaplan chamou onte á noite ex profeso para anunciar que, desde agora, o que ela verdadeiramente quere ser de maior é...
...xeógrafa!
5 comentarios:
Pois as cousas estánselle poñendo difíciles: co rebumbio que estáa montar o tempo, os ríos semellan mares e as montañas de tanto tremer van acabar sendo terra chá.
Cool - :-)
Que boa escolla: deseñar o mundo. :)
Grandes miras, Srta. Kaplan :)
Sospeito que xa ten o seu libro de O principiño (sei que hai unha versión chulísima no FNAC con despregabéis, que eu aínda non dei conseguido:( )
Publicar un comentario