Veño de terminar un curso, e perante Deus xuro que non me pillan noutro no que me resta de sexenio: foron tres horas seguidas durante oito días repartidos ao longo dun mes da miña vida os que pasei alí encerrado, cunha morea de mestras gritonas e petardas, idénticas a aquelas súas antecesoras que me ensinaron a ler e berraban comigo cando viña cos deberes sen facer e me poñían contas con decimais e copias en castigo, do mesmo xeito que farán estas aos seus alumnos nas modernas escolas que tentamos virar 2.0 empezando pola biblioteca.
Hoxe, colofón do curso, foi tamén unha das piores sesións, cunha seño fisicamente idéntica a Nelly Olesson en versión alternativa; dos tópicos que dixo naquel horror non lembro nada porque colocaba tan mal os pronomes e tiña a voz tan aguda que aos cinco minutos desconectei dela para concentrarme no mellor que podía ofrecer: o seu vestido azul lindamente decorado cun friso de casas de fachadas e tellados colorados e ocres, con árbores inexplicables cargadas de froitos redondos e multicolores; xiraba á volta do van da seño unha orla de nuves brancas e sobre elas, pracidamente durmidos, había grandes gatos ou acaso ratos xigantes de longas caudas (lamento non ser máis preciso coa fauna pero todo era demasiado naif).
Desde as alturas do peito, chovían margaridas lentamente sobre os tellados, as casas, as nuves, os gatos e a mesma saia da seño.

Ao parecer, nuns poucos días estará o diploma e con el as miñas cen horas conseguidas.
6 comentarios:
Sempre se saca algo positivo anque aqui parece difícil. Como se perda o diploma....
Polo menos esa "profa" tiña un atuendo entretido.
Qué envexa...terceiro sexenio...(digo eu) eu vou polo que xa non conta...
Non desesperes dos cursos. Eu estou enguedellada felizmente nun de portugués (60 horas) do que estamos a agozar un montonazo (ou iso dicimos). Conste que eu tamén xa perdera a esperanza tras un de fotografía dixital ou algo así, no que nunca funcionaban os ordenadores ou os programas ou...
O bo, xa tes o teu sexenio e repasaches a colocación do pronome (fiúuuuu)
Mire que lle teño dito que non tome tripis antes de saír da casa.
El curriculum tiene sus luces y sus sombras, pero ya tienes las horas.Enhorabuena
Publicar un comentario