De mudar de coche, nanai.
Está claro que tanta desgana ao visitar portais de marcas pola Rede só pode vir da pouca ganiña que me dá comprar algo que xa teño e que me vale ben. Se un día me deixou tirado, agora que o mecánico lle puxo o novo condensador de fluzo, basta acendelo para comprobar que aínda nos agardan miles de kilómetros xuntos e poucos sobresaltos.
Así que por moito que no traballo a polémica da miña pota estivese a rentes de figurar na orde do día dun claustro, por moito que tantos teimasen en aconsellarme coches que me irían ben (todos en realidade me irían ben) e até me ofrecesen experimentarlles os coches para tentarme, por moito que todos sigan insistindo en que este é o momento de comprar, polo de agora non toca.

7 comentarios:
Hace usted bien. Además, el cariño es solera :)
Pois, se vostede non quere, non debería haber máis que falar.
Parece que la relación es estable. Que dure pues.
Ummm, xa veremos. Cando empezan a rosmar con recalcitrante persistencia, acaban por minar a fortaleza dos condensadores cerebrais. Teña coidado na elección.
Yo compraría el de la foto. Aunque sólo fuerar para mirarlo. ¡Qué preciosidad!
Vostede verá se logo o acusan de insolidario coa economía nacional e comezan a virarlle o fociño alí por onde pasa. ;)
Estou contigo. Ocúrrense centos de maneiras mais pracenteras de invertir os cartos, mesmo axudando a economía nacional
Publicar un comentario