O menú do día que onte compartimos (callos, churrasco, tarta caseira de café) no da outra vez, nesta ocasión con Deni, non lembraba en nada o saltziki, a mousaka e as saladas con feta que barallábamos en Grecia o ano pasado, pero así e todo surxiron as anécdotas e os sucedidos da viaxe: os zombies de Praza Omonia, os apuros para pillar bus de regreso en Delfos, o inferno baixo as chicharras, as aventuras dos almorzos coa gobernanta-rottenmeier do hotel a percorrer o comedor con cara de can, a bonhomía de Nikos, de quen non temos noticias hai meses; Teddy e mais eu ben podíamos pasar por asesores do BCE para quen nos escoitase vencellar aqueles baixos prezos da comida do aeroporto e as tendas dos museos co enorme burato que agora rilla a economía grega e pon en perigo os salarios e as pensións e deus sabe que máis.
Deni soporta con paciencia a tortura dos recordos de vacacións alleas: sorrí mentres nós rimos con escándalo, de cando en vez revisa o móbil, comproba que hai vida nas outras mesas, énchenos as copas daquel mesto viño da súa terra que nos solta a lingua e a memoria, e até dá a impresión de nos escoitar con interese.
Deni soporta con paciencia a tortura dos recordos de vacacións alleas: sorrí mentres nós rimos con escándalo, de cando en vez revisa o móbil, comproba que hai vida nas outras mesas, énchenos as copas daquel mesto viño da súa terra que nos solta a lingua e a memoria, e até dá a impresión de nos escoitar con interese.
Antes de nos erguermos da mesa, o pirata Teddy dáme o seu botín: no dvd hai catro pelis enlatadas para min, e unha especialmente recomendada que lle prometo ver xa este finde.
Fóra, mentres esperamos que baixe Deni, Teddy aínda me lembra a mensaxe que lle enviei o Venres Santo, que cando sentamos a xantar non sabía se abordar e que logo acabei esquecendo entre as ruínas do Peloponeso. Cando se nos xunta Deni paréceme que debo incluílo no proxecto, máis por cortesía que por velo canda nós nun omnibus de cristiáns á conquista de Terra Santa.
7 comentarios:
Curiosas (e proféticas?) as dúas aves do portón grego: ningunha delas mira cara diante...
Bo proveito
Mire qué horas de me poñer a falar cos amigos.
É que hoxe chegoulle ben...
The single man es un lujazo de peli que también yo te la recomiendo. Al final ya vuelve el problema de montarse las próximas vacaciones, otro lujazo Israel que me da envidia.
Aínda ben, é vostede autocrítico: non hai cousa peor que aturar a xente contar as viaxes, máis se é en sesión interminable de proxección de fotografías (salvo que sexa en sala escura, que permite dormitar).
Como non mandou as tías en taxi, home!
Para menu do día, pase polo non-Cabaré e vai ver o que é bo.
Xa a viu?
Acabo de vela, pero non hai tempo, teño que marchar en 5 minutos, por culpa da peli metinme en tarde. Fálenos dela, de concomitancias e diverxencias, dos tópicos e non tópicos, do cigarro, do alcohol e do mar. Lisco.
Saúdos Sr. Kaplan.
Menos mal que as túas tías obrigáronte a non estomballar, porque despois de tanto comer, boa falta fai un pouco de movemento, ou?
¿Qué hiciste en Grecia que la dejaste tan maltrecha?
Publicar un comentario