Unha vez, en Washington D.C., o destino dun axente secreto en prácticas ou algo cruzouse cun pombo: unha frase tan sinxela dá para resumir a curta de animación que descubrín onte na bandexa do correo electrónico e que até me fixo rir un pouco; contan as crónicas que ao director, Lucas Martell, estes pouco máis de seis minutos lle custaron cinco aniños de vida.
6 comentarios:
Hay un blog que se chama Ciberculturalia que os sábados pon sempre un curto. Xa vira o que vostede nos mostra, xustamente ali.
Paga a pena dar unha voltiña por o blog que lle comento.
O mellor é o final. Sen dúbida. :)
Vou dar un paseo polo ciberculturalia que nos aconsella mariajesusparadela.
Está moi ben!
Cando parecía un final feliz, sucede o máis sorprendente. Entretido.
Un saúdo
E que a vida dos artistas (e dos menos artistas tamén) é unha condensación de tempos. Por iso andamos sempre ás presas?
Tamén eu rin co video. Grazas por compartilo, sr Kaplan.
Unha idea xenial! Que sería dun axente secreto sen un "donut"? Molan as gafas do Pigeon. Eu tamén vou pasar polo ciberculturalia. Grazas por esta viaxe.
Publicar un comentario