domingo, 23 de maio de 2010

Pesetas

Non sei se pola debilidade da moeda única a respecto do dólar, se polas oscilacións da bolsa, pero xuro que onte ao serán un dos mendigos que se emborrachan na porta do Carrefour Express me pediu, literalmente, que lle dese unhas pesetillas para poder mercar comida.
E eu non mentín cando lle dixen que non levaba.

6 comentarios:

Zeltia dixo...

qué fráxil é a memoria (a miña) o outro día nunha tertulia de barra de bar, estabamos a lembrar as moedas que había cando a nosa moeda era a peseta... dunhas esquecera que as houbera ("duas" pesetas) e doutras non lembraba a forma: "vintecinco pesetas", en cambio lembraba a de "cincuenta pesetas", que é de hai moitísimos anos.
será que me empeza a pasar iso que din dos vellos: que perden a memoria recente e véñenlle as lembranzas máis antigas.
De feito, os velliños todos, cando chochean, preguntan pola súa mamá.
Con razón algúns lle chaman "involución"
En fin,
dispérsome.

mariajesusparadela dixo...

Con todas as pesetas que temos gardadas (eu teño moitísimas rubias) postas en circulación, o mellor rematábamos a crise...

Chousa da Alcandra dixo...

Non fai moito, a min pedíronme DUAS PESETAS para un bocadillo. Deille cinco céntimos (de euro) e díxenlle: "Toma, e trae logo outro para min". Aínda estou agardando...

paideleo dixo...

Pois si que estaban peneques !.
Xa van oito anos que desapareceron, oito anos.

xenevra dixo...

É que non che rima igual, "dáme unhas pesetas" que "dáme uns euros". parece que o euro nos doe máis...
Contas eran aquelas que se botaban en reás e patacóns ;)
Dérixoche un bico a cambio dun pataco (que di a canción)

susana moo dixo...

Tamén presenciei eu un caso con dous o outro dia, che conto: estaban sentadiños nun banco, un era vello, velliño, semellaba un matusalén, sucio, miserento, non tiña un dente. O outro era novo, bastante ben apañado, e estáballe a falar ao outro de corrido, faláballe da crise:
"todos tenemos que arrimar el hombro", dicía, e lle explicaba a situación. O vello calaba. Ese instante foi o que captei pasando por diante, penso que é elocuente dabondo.
En fin, non vai moito co tema das pesetas pero fixéchesmo lembrar.