sábado, 29 de maio de 2010

Ratiño

Directamente da bandexa do meu correo electrónico, este vídeo que me envía Haddock coa advertencia "Ver até acabar sem remorsos nem sentimentos encontrados, e nom desvelar a ninguém o final, sob pena de excomunhóm".
Pois iso: vexan, sufran e se lles parece ben, cando acabe, cóntenme.

12 comentarios:

peke dixo...

Encantoume!!!

mariajesusparadela dixo...

A min tamén. E mire que estiven a piques de deixar de ver, pero ollei para o tempo e decateime de que faltaba moito para o remate.

É vostede un tipo ben orixinal.

A menos de cen kilómetros, en quince días, ten unha cerdeira para fartarse e levar (posto e en bolsa).

Sun Iou Miou dixo...

Que canallada, Kaplan. Case se me atravesa o almorzo. ;)

Zeltia dixo...

Sei que avisas, e un pode supoñer,
pero hai que contar coa curiosidade, iso de mirar poñendo as mans na cara e despois apartando os dedos.

É unha putada, deille ó pause tan pronto puiden, pero tardei en agarrar o meu "rato" (aaahhhh!!!) e xa a imaxe se clavara na miña retina, o pobre rato tratando de coller o aire, afogando, ampeando!
Estou indignada contra quen fixo o vídeo,
mesmo se a súa intención ó facelo e difundilo era que a xente tomara conciencia de que a dor e o sufrimento non é algo "humano", se non que lle atañe a todos os seres vivos.

Se tí sabes algo de por qué se fixo este vídeo, con algúnha finalidade positiva, e non o mero morbo de contemplar a morte, por favor dimo. Loxicamente non podo esperar mirando ata o final... pero "un actor" non creo que sexa o rato...


joder! eu que non podo nin ver os documentais da Duas, porque con esta "ley natural" de merda, tan cruenta, tan noxenta, esta ley da supervivencia, pois non podo ver como unha femia para alimentar ás suas crías ten que esnaquizar as crias doutra nai!!
Por iso cada vez máis cústame comer animais que se crian para seres sacrificados para comer nós. E ainda vou "tragando" os que penso que mataron de maneira instantánea e sen dor ou angustia;
pero nunca comparía polos deses que teñen amoreados,que engordan sen chegar ó mes de vida, vida que pasaron nesas penurias,
bueno, perdoa,
vaia rollo che soltei,
pero mira, xa hoxe espertara cun peso no peito, e mentres almorzaba vin dar unha volta polos blogs, e atoparme con ísto,
déchesme o día, sei que a imaxen da dor e a morte non se me vai afastar,
e a idea do absurdo que é todo,
deste misterio absoluto que é a vida.

(Eu sempre fago caso dos carteis que din: "estas imaxes poden ferir a sensibilidade do espectador". Nunca as miro)

Chousa da Alcandra dixo...

Macanudo!.

(De seguro que ese anuncio é de Queixo da Ulloa -feito en Antas- empaquetado para a venda no resto de Europa).

paideleo dixo...

Inventan o que non hai.
Eu xa o mirara hai tempo non sei onde e gustárame, claro.

zeltia dixo...

Acordeime varias veces no día do vídeo este, dándolle voltas de que imposible iso fose real...
e agora vin por aquí e xa vexo que a todo o mundo lle gustou.
Pero e que eu non puiden seguir vendo dende o momento que...
ai, por favor, que alguén mo conte sen necesidade de velo!

:D :D :D :D

xenevra dixo...

Xa vexo que os de Antas andan a apropiarse da idea, que non do rato ;) Certamente o animal é inxenioso, por algo os científicos teiman en usalo a el para todo tipo de experimentacións. Mágoa, porque che son uns tipos ben agradables (e moi espelidos)

Maribel-bel dixo...

Da sorpresa inicial..decateime de que tiña que haber unha segunda parte. Despois de ollalo, chamei pola miña filla (ten oito anos) e púxena o video. No primeiro paso xa empezou a decir que non se facía iso, que como podía estar mirando semellante cousa. Eu, decíalle: Espera Uxía. O final, riuse e dixo: "Que listiños son os ratos!. Si tamén o dos toros fose así de mentira!!. Unha aperta.

Anonymous dixo...

Tiña graza?
:(

zeltia dixo...

Vale, ninguén mo dí,
¡vou ter que velo eu mesma!
grrrrrr
non vedes que son moi curiosa de dios?

zeltia dixo...

Vale, xa o vin...
E... non compensa o susto do principio.
(sóbranlle eses segundiños da "agonía aparente", podían facer todo igual, pero sin eses sg.)
Asi que voto negativo para o video os publicistas e o queixo, nunca compraría ese queixo.