sábado, 8 de maio de 2010

Sangría

Un simple e-mail procedente da dirección ten o claustro alporizado nos últimos días; non é un e-mail calquera: non trae información sindical nin oferta material didáctico nin anuncia exposicións ou convocatorias.
O e-mail recolle con austeridade espartana a vida social do meu centro mostrando unha ferocidade recaudatoria para obsequios que non sei se indigna máis pola minuciosidade dos tramos contributivos ou pola imposible escapatoria á sangría: as xubilacións cotizan a 12'00 €, os casamentos a 10'00 €, os traslados a 8'00 € e os nacementos a 5'00 €.
Non hai que facer moitas contas para comprender que a xubilación, o traslado, as dúas bodas e mais o bebé que trouxeron estes meses me van deixar a carteira conmocionada e certo mal sabor de boca.
Conspiro polos departamentos botándolle leña ao lume e xurando non me deixar desplumar máis indo ao xantar-homenaxe previsto para Xuño e aínda non presupostado; non son o único que renega da sangría: mentres tomamos café no recreo, Erg até me pide en matrimonio por ver se o ano que vén recuperamos algo do que investimos este.
A idea, se ben se mira, non é mala pero non hai que tomala á lixeira, así que quedamos en que Luns lle darei a resposta.

9 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Paréceme fatal. Se se fan as cousas hanse facer por gusto, de non ser así convírtense unha obriga.
Eu suprimía tanta parvada. O que hai que propiciar é que a xente se sinta cómoda no traballo, falar cos compañeiros, interesarse polas súas cousas. ¿de qué vale facer un agasallo á xente a que lle amargamos de cotío a existencia?.
O mellor agasallo e un sorriso, un aloumiño ou unha mostra de interés.
Así, alomenos, penso eu.

Xan dixo...

Aínda quédolle o tramo dos familiares en primeiro grao falecidos que pola táboa achegada deben andar nos 8 euros equivalente aos traslados. Os investimentos de casamento hai que devolvelos con intereses. Así dá gusto todo esta regulado. Todo o mundo renega pero todo o mundo cotiza polo que dirán..

xenevra dixo...

Pois dixo mariajesús o que penso eu. Se nos fixeran o traballo máis agradábel e se deixaran de lerias, mellor nos era. O que é curioso é que cotice máis un traslado ca un nacemento... Teño que estudar estas tarifas (cara de sherlock)

Chousa da Alcandra dixo...

Pois vai ser un luns cúbico de carallo.
Despois da desfeita, lembre vostede que ese día é feira en Antas; así que pode enxaguar o volume estomacal cun polbo á feira mergullado en viño do país.

(Preguntarei se hai tarifas -á baixa- para funcionarios. Pero non lle prometo atopalas)

Sun Iou Miou dixo...

Agasallos tarifados e obrigatorios?! E entrégase en efectivo ou en forma de traste inútil com placa conmemorativa? Alucino. Que ben estou no meu tobo.

En canto ao do seu matrimonio, bote man da calculadora, non lle vaia saír a conta furada.

susana moo dixo...

Sorte que tendes, nós pagamos tamén impuesto por falecemeto dalgún compañeir.
En fin, é unha idea alternativa á do casamento.

Perry dixo...

Los divorcios y funerales debían cotizar también; y ahora que tienes perra, al menos el collar y un saco de pienso. !Reclama tus dereches!

Zeltia dixo...

Unha lista moi incompleta! faltan as operacións e/ou ingresos hospitalarios, que hai que mandar a pranta (que as flores a algun dos ingresados recórdalles o funeral)

eu teño unha compañeira que o día que lle concederon o divorcio trouxo pasteis, pero a ela non lle fixemos agasallo, xa estaba bastante feliz!
:-)

Noemí Pastor dixo...

Aquí cotizamos bodas y jubilaciones a 10 euracos. Y nacimientos, a 5, pero sólo para el primogénito/a. Hay gente que pasa de todo y ya no pone pelas pa nada. Lo comprendo.