domingo, 31 de outubro de 2010

De papistas e papas

Estiven un pouco liado e por iso non dei feito o post correspondente: como se sabe, unha imprenta non dá entregado os exemplares impresos da revista Retranca alegando escrúpulos de conciencia ao se atacar nela ao Papa pola súa inevitable visita.
O asunto é patético pero hai algo de luz na fétida cloaca: polo menos non se trata de censura oficial (felizmente, pero cómpre non baixar a garda, que neste país noso xa se sabe) senón dos supostos escrúpulos da imprenta.
Sen que dea para tirar foguetes, a historia acabará ben: a revista está a imprimírse noutra imprenta e sairá á rúa segundo o previsto; a publicidade que se lle fixo é impagable; a campaña contra a visita do B-XVI aumentou folgos; e por último, xa que nos contratos mercantís, se non estou errado, non valen obxeccións de conciencia, sempre se poden reclamar danos e prexuízos á imprenta hipócrito-catolicona, de xeito que lle saia a torta un pan.

9 comentarios:

Raíz Verde dixo...

O da imprenta é de coña, no século XXI censurando por motivos morais. Non son partidario da censura por ningún motivo aínda que sexa en casos coma o de Sánchez Dragó por exemplo, porque ao final cada quen descóbrese a sí mesmo e son as cousas e o mundo o que te trae ao rego.

Un saúdo

mariajesusparadela dixo...

Debería ir dar una volta polo blog "groucho", porque alí fala a miña amiga Dilaida do cese dun xornalista por falar do temiña que nos ocupa.
Pode chegar por un enlace que teño na miña barra lateral, coa foto dun can de caza.
Porque retranca vai tirar beneficios, pero perder o traballo é moita cousa, nistes tempos.
Vivir para ver.

Natàlia Tàrraco dixo...

Cesura...haberla hayla me temo, soterrada o enterrada en las cabezas bienpensantes que aflora cual porqueria de una cloaca.

RETRANCA, va tirar neneficios, pero lo de perder o traballo é otra cosa, !carallo!

Estem a Catalunya en el mateix, esperant la visita amb mitja ciutat paralitzada. Pasta gansa ens costará a gallegs i catalans la ditxosa visiteta, que de beneficis com diu l'alcalde de Barna, pocs en veurem, colla de mentiders.

Ptons, bicos, besos.

migramundo dixo...

A historia é abraiante. Non lembro un caso semellante. Só nos falta que agora ata as empresas tomen decisións que xurídicamente non lles competen. É o mundo ao revés.
Saúdos.

Chousa da Alcandra dixo...

Coa igrexa topamos, Sancho.

Bolboreteira dixo...

Hai xente para todo...
Saúdos

susana moo dixo...

Boeno, se atoparon outra imprenta, a cousa saiulles ben, pola promoción.

paideleo dixo...

Só me falta o primeiro número da Retranca e cando saia este non o vou perder, non ho.

zeltia dixo...

vese que son pouco dada a mercar revistas, [máis a lelas de gorra na biblioteca]
pero a esta ainda non lle teño botado unha ollada mais ca aquí e acolá na internet.

oes que con iso da obxeción de conciencia pódese deixar ata morrer xente, non se vai poder deixar de publicar unha revista!
pois xa ves, a min gústame que o que non queira facer algo poda non facelo, sempre que non sexa obligado. [se rachan un contrato que paguen as consecuencias, iso de ter conciencia e o que ten]

neste caso dame gana de potar, pero bueno.