xoves, 14 de outubro de 2010

Esquelas

Ultimamente é como se a serie seguise, capítulo a capítulo, así que non deixo de ver mortos coñecidos nos xornais.
Algúns, os que  son famosos, admiradosentrañables,  aparecen nas primeiras páxinas de todos os xornais; outros aparecen só nas esquelas do xornal en que sempre se publicaron as esquelas da miña propia familia: son mortos grises e discretos que unha vez coñecín: o director un pouco xornas dun dos primeiros institutos en que traballei, e que non deu desfrutado da xubilación, ou aquela terrorífica mestra da miña irmá, que morreu case centenaria.
A miña irmá e Chicles no Pelo, que tamén a sufriu, coincidiron ao labrárenlle o epitafio: ninguén en xeracións e xeracións de alumnas súas botará aquela bruxa de menos.

10 comentarios:

susana moo dixo...

Pobre mestra. Qué lle faría a vida para ser tan bruxa,...

mariajesusparadela dixo...

Pois supoño que os ollos dos nenos non son os mesmos que os dos maiores e os xuicios cambian un pouco. Pero parece que non nise caso.

zeltia dixo...

decíalle o outro día que o peor ía ser cando moitos dos mortos das esquelas fosen da nosa xeneración;
pero os defuntiños que eran adultos que deixaron pegada na nosa adolescencia... tamén contan. (ainda que fose negativa)

co de Napoleón ainda me rin. polo menos nós ainda que tampouco souberamos "cantos séculos facía", coñeciamolo de que todos os tolos crían que eran Napoleón ;-)

Estiven uns dias fora, pero xa me ten aquí, fiel lectora da súa biografía de pseudónimo, por fascículos. bicos!

Raposo dixo...

Bruxa ou non, Requiem in pacem!!

paideleo dixo...

Hai veces que parece que morren os millores pero a verdade é que non queda aquí ninguén.
Dillo a Michael Jackson que estaba convencido de que non ía morrer nunca !.

Sun Iou Miou dixo...

Triste epitafio para a bruxa. Lémbrame o de aquel mestre que xa velliño regresou aquí á aldea, onde polo visto deixara mala memoria. Nun momento dado, un home que o acompañaba chamou por un ex-alumno del. "Ei, non te acordas deste señor?".
"Aínda non morriches, fillo da puta?", respondeu o ex-alumno.

En fin, no das esquelas e os mortos nótase que nos facemos vellos. Eu teño medo de abrir o xornal un día e encontrar alí o meu nome, ou peor aínda, o anuncio de que me van colgar unha medalla póstuma.

Chousa da Alcandra dixo...

Léveme o diaño como pensei que -cando "linkabas" o Retroceso- levabas á esquela da mestra-bruxa.

En calquera dos casos, RIP. Seguro que algo bo tivo. Nunca vin unha mestra que non tivese algunha virtude...

Apertas

xenevra dixo...

Hai tempos para os recordos, e hai tempos de facer as paces cos recordos. Pero hai tempo; iso é o que temos: tempo.

peke dixo...

Pobre vella bruxa, aínda que o merecese.

Aldabra dixo...

eu tamén coñezo unha profesora que podería levar o mesmo epitafio.

biquiños.,