luns, 11 de outubro de 2010

Historia


Vin a semana pasada na prensa que os alumnos británicos consideraban que Buzz Lightyear, o máis valente astronauta dos debuxos animados, foi o primeiro home que pisou a superficie lunar.
Tamén vin a semana pasada, pero en directo, como unha aula enteira de 2º de ESO non sabía dicir nada sobre Napoleón, salvo un, a quen lle parecía que fora presidente dos Estados Unidos, e outro que o remachou coa lapidaria frase de hai moitos séculos.

13 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Ten que resultar descorazonador, pero as "tendencias" educativas seica converxen en que hai que mirar cara diante e non cara atrás. Pregúntome se acabarán por fabricar os coches sen retrovisores.

paideleo dixo...

A ignorancia é mui atrevida.
A cavilación de Chousa dános unha idea do que acontece.

mariajesusparadela dixo...

E, xa se sabe, se non se coñece, habémola repetir...

Foma Fomitch dixo...

O problema é que na sociedade actual os cambios mermaron o poder da escola como axente socializador e hoxe non se está a educar para o mundo actual, senón con modelos do século pasado para a sociedade deste. O reto está en saber transformar non só as escolas senón o sistema educativo en xeral. Facelo dinámico e aproveitando ao máximo as potencialidades que a tecnoloxía actual ofrece.

Xa sei que é fácil dicilo...

Concha López Fernández dixo...

É o que ten adicarse á docencia. De seguida te dás conta de que as persoas que escribiron a historia do mundo perderon o tempo, pois os novos heroes e heroínas solapan calquera anécdota anterior. Imaxino o que dirían de Atapuerca, que xa cae ben máis lonxe ca Napoleón. Pero tendo en conta que metade non sabe que goberna a alcaldía do seu pobo...

E eu pregúntome onde estará a nosa parte de culpa, porque das crianzas soas non é.

En fin... Vivir para ver!

Un saúdo.

Sun Iou Miou dixo...

A min hai segundos, fíxese ben no que digo, en que me entran unhas ganas irreprimibles de ser mestra. Por sorte, pásame logo a arroutada.

Gustoume o de Chousa: coches sen retrovisores! Hehehe!

Yolanda dixo...

Buscad información sobre Mario Vargas Llosa... ¿Cómo se escribe?

susana moo dixo...

Bah, xa lles chegará a ansia por aprender, aos que lles teña que chegar. Non son mais parvos dos de antes, de sempre houbo ignorancia masiva e cultura minoritaria.

Bolboreteira dixo...

A min pareceme que todo isto é obra de tanto cambio de plan educativo.E de estes plans son feitos por xente que de educación saben ben pouco.
Estou tamén de acordo no de que xa lles virá a ansia por saber.
Bicos

Um brasileiro dixo...

holla.

Raposo dixo...

Unha proba mais de que o sistema educativo funciona perfectamente. Léase esto coa ironía propia do caso!

xenevra dixo...

Eu coincido con Fomitch nesa mirada cara diante. Cantas veces terán rido eles de nós e da nosa ignorancia sobre aspectos que lles parecen vanais.
Teño compañeir"s de traballo que unha vez aceso o ordenador xa non saben onde deben premer para seguir avanzando. Eu mesma non sei o nome de ningun xogador da futbol destes que tantas portadas e telexornais obtiveron ;))

Aldabra dixo...

a verdade é que tiven que reirme aínda que a incultura é moi grave.

biquiños,