Eu non desexo que veña, e moito menos de gorra (ou de mitra, neste caso) cos meus impostos, que en tempos coma estes deberían destinarse a cousas máis útiles e solidarias.
Se ti tampouco estás de acordo, podes asinar aquí contra esta visita indesexable, innecesaria e gorrona.
12 comentarios:
Dixéronme canto cobraba por vir a Compostela e estou indignadisima, cos meu cartos non quero que lle pagen a este señor.
Logo tanto recorte de gastos ..... Vegonzoso e unha tomadura de pelo.
A miña firma xa a teñen!
Bicos
"Eu non teño Santa Sede
non quero Zumo Pontífice"
Vou asinar de contado!
Tan gorrona como mítricamente insultante. Dáme igual que veña, pero non cos meus cartos, non cos meus impostos, non a custa de "sacrificar" os cartos do ben social para o luxo individual.
Por suposto que eu asino. Grazas polo enlace.
Non deixan de ser firmas que nadie verá, menos os composteláns que andan a facer do ano unha fortuna. Tamén é triste que para entrar en SAntiago xa non sepamos por onde, todo en obras, arreglando para a visita papal. Crisis?. Firmo, encantada, aínda que me canso de ver galopar tanta pomba. Apertiñas
Pincho encima, pero non me da opción a deixar queixa, non sei como teño que facer. Sintoo.
asinado.
levo fatal ese apoio especial por parte das institucións do estado á igrexa católica.
por outro lado asinaría tamén para outras moitas visitas,
recepcións,
enchentas.
detesto todo ese fasto e oropel
Outro espectáculo para a xentiña que non aprobo.
Asinei e mandeino polo mundo. Tamén os cataláns están que trinan.
E quen di que é ese que vén... ou vai?
Que bo o da mariajesusparadela!
o das firmas como estadístaca vale porque a visita xa está mais que feita.
a mín non me gusta pero con non ir velo pois xa está.
bicos,
Sempre hai quen lle saca partido. Coñezoa quen lle fixeron unha oferta que raia o pecado mortal por alugar o piso en Compostela durante esa fin de semana...
Publicar un comentario