Chamo a Haddock para que me confirme se veñen ao Sanfro como tíñamos falado en Agosto; dime que non, porque cambia de casa e vai aproveitar a ponte para facer a mudanza, e cóntame que o novo piso está moi perto do outro, que ten dous dormitorios e un salón, e que lle vai mellor porque ao ser máis pequeno non terá tanto que limpar nin haberá cuartos pechados, que a casa é vella pero está renovada, que os azulexos e sanitarios non son dos peores, que ademais, agora que empeza vida nova, é un bon momento tamén para cambiar de tobo.
Cando lle pregunto que quere dicir con iso de vida nova, que que foi o que me perdín este último mes, case non me sorprende que Haddock me diga que volve estar só, que non ten can que lle ladre, que a ruptura, reitcente e desganada, se disolveu nunha serie de chamadas e sms sen xeito, que para estar como estaban prefire estar así, e nese plan.
Onte a miña mai preguntou se viría Haddock esta finde ou se estariamos sós a nena e eu; primeiro díxenlle que Haddock estaba de mudanza e que non viría; despois, que rompera coa noiva. Daquela, a miña mai desenterrou a súa teoría favorita como se a recuperase do fondo dun pozo; aínda ha de volver coa outra, dixo, ti dálle tempo.
9 comentarios:
Pois se a nai o dí, seguro que acerta.
ca outra? coa da ruptura no 2006?
estes nomes raros...
temo terme feito un lío cos seus amigos, Kaplan
as nais sempre din iso
:)
É a frase favorita das nais, o seu salvavidas fronte a este mundo que, ás veces, lles resulta demasiado novo, demasiado veloz. Dende a nova ventá Hadock virá a vida doutro xeito, mirará caer a choiva mentres pensará que as casetas han estar ateigadas e que "total con esta auga" é parvada saír da casa.
Está sentenciado o Haddock. Tempo ao tempo.
Por certo, grazas por me advertir de que hai ponte para a semana. Eu que vivo nunha permanente, mesmo bombardeada co pilar para aquí e para alá, nin caera nesa. O que é non vivir pendente do calendario (para mal).
As nais suelen acertar, xa se verá.
Non ben mal de vez en cando un cambio de vida, esperando sempre que sexa para mellor.
Biquiños!
A vida lévanos e trainos sen paraxe.
Supoño que doutro xeito sería aburrida.
Tamén se lle podería lembrar a súa nai aquilo de: "xamais segundas partes foron boas".
As comentaristas din -maioritariamente- que as nais acertan moito nesto. Eu penso que non é científica a afirmación. Máis que nada é que o din todas e sempre. Entón, en termos absolutos, teñen moitos éxitos na predicción.
Digo eu
as anis e as súas profecías... si me guiara pola miña estaba xa fai tempo no fondo dunha poza, cunha pedra atada na gorxa.
biquiñas,
Publicar un comentario