venres, 31 de decembro de 2010

2011

A señorita Kaplan marchou xa para a casa da súa mai, preocupadísima co tema das uvas e dos agasallos pendentes no seu outro hemisferio familiar.
A este lado da familia, eu cearei na dos meus pais, non sen antes facer de taxista ao longo da tarde carrexando parentes: cearán ademais connosco as tías O. e G., irmás de meu pai, e como xa é tradicional, o tío H., irmán da miña mai; seremos nove en total, pero sumando os anos de todos (563) poderíamos recuar até antes da caída de Constantinopla ou avanzar no tempo até nos situarmos nun incerto século XXVII.
En lugar diso, rillaremos no marisco e cearemos o cabrito en paz, ben instaladiños no presente, e todos xuntos daremos a benvida a un ano que, se Deus non o remedia, parece que se nos presenta vestido dun gris marengo que pon medo. 

Feliz 2011 e moita sorte a todos.

9 comentarios:

Bolboreteira dixo...

Que pases unha feliz noite que asi ben acompañado sehguro que si.
E esperemos cambiarlle o color a este novo ano hacia cores máis alegres.
Bicos e feliz ano!

migramundo dixo...

Creo que en Constantinopla non tiñan o costume de debullar marisco, e que no século 27 xa o haberá, de xeito que será millor que non lle deas cuartel a o disfrutes con saúde e ledicia.
Bo 2011.
Saúdos

Félix Soria dixo...

Á vista das previsións para o 2011case que teríamos que falar xa dun bo 2012.
Unha aperta e que principies o ano como desexas.

Mararía dixo...

Feliz Ano!!! Bicos!

mariajesusparadela dixo...

Que teña unha boa entrada de ano e unha boa continuación, coma se levera pilas duracell, que duran e duran.

Ra dixo...

Feliz todo.

bueno dixo...

Mr. Kaplan, obrigado. para todos aí também, meus mehores votos de um ano ano cheio de harmonia e saúde.

zeltia dixo...

Feliz Aninovo, Kaplan!
[de seguro que con tantos anos na mesa, habería tamén bastante colesterol, así que habíalle tocar a vostede unha boa enchenta de marisco]

(E non miremos para os futuros inquietantes).

Chousa da Alcandra dixo...

Míralle o lado positivo a ese gris marengo: para o cabrito a cousa foi moito peor...

Feliz ano Kaplan!