O que máis me gusta de onde vou cortar o pelo é que, como no chiste do funcionario, se me dan hora ás catro e me presento cedo, normalmente ás catro menos dez estou listo e de volta na casa.
O que menos me gusta é que o señor barbeiro teima en falarme de cando fixo a mili en Jaca, manobras e imaxinarias incluídas. Hoxe, para variar, deulle por describirme tesouras en man o ben que lle sentan a couraza, o elmo e os faldróns que vai vestir este finde cando se converta en lexionario, esta vez polas rúas e prazas da Bimilenaria.
Que de que me vou vestir eu, pregúntame mentres lle pago, e eu respóndolle que de romano do futuro; pois que aburrido, replica o belicoso barbeiro lexionario.
8 comentarios:
Eu non sei por que hai tanta xente á que todo o relacionado coas milicias e os uniformes lle enche tanto o peito.
Co cómodo que é vestirse cadaquén como lle peta, sen roupas desas que tapan a verdadeira identidade!
Saúdos.
Hoxe estiven na Bimilenaria e xa vin os preparativos moi adiantados. Tamén había nos xardíns da Praza Maior unha catapulta; pero tíñana moi mal enfocada: apuntaba cara os soportais do Bar Centro e do Madrid, cando todos sabemos que debería apuntar un chisco á dereita da Farmacia Central...
ja ja ja... rínme co teu post pero tamén co comentario de Concha...
vese que os uniformes non lle poñen... eu traballo arrodeada deles e será porque xa estou acostumada que non lles dou importancia.
ja ja ja
biquiños e boa fin de semana... ¡¡non ardas moito!!
Aldabra,
Hai xente que cando se disfraza métese moito no papel.
bicos!
Señor Kaplan, eu prefiro "arde París" ou "ardelle o eixo"...
Pois eu sempre detestei aquelas conversas de barbeiro junto às minhas orelhas como se fossem conversas de alcova!
Tamén eu confeso que sempre detestei que intentasen darme conversa na perruquería; nunca entendía ben o que me dicían. E iso que avisaba de que era xorda, pero..., erre que erre, seguían dando a brasa. En fin! Desque me rapa B estou aliviada.
pois máis ca aburrido, iso de romano do futuro esperta a miña curiosidade...
e Dona Concha, co seu paraugas, decindo por aí que ela non quere ver á xente tapando a súa verdadeira identidade...
;-)
en fin, que o vexo a vostede moi cascarrabias, Kaplan, nin romanos, nin barbeiros...
Publicar un comentario