Teddy está triste: a súa amiga M. morreu porfín, e cando Sábado á mañá chamou para contarmo, aínda sen asimilar a noticia, os dous nos alegramos por ela. Que non ían ben as cousas xa se sabía hai meses, cando os médicos descubriron a metástase e o novo tumor, desta vez na cabeza.
A doenza non foi clemente, e Teddy, que acudía con frecuencia ao hospital, ultimamente reducía as visitas para non ver aquela devastación.
Que M. era unha muller excepcional máis alá do que Teddy me levaba descrito comprobeino cando a coñecín en Novembro e conversamos durante horas, como se nos coñecésemos de sempre, baixo a follateira dourada da súa viña e ao pé do lume en que, como contei aquí, ardían os talos de figueira.
Non a enterrarán en Vilanova. Coherente até o fin, laica e rebelde, conta Teddy que o furgón dunha universidade recollerá en poucas horas aquel corpo que foi campo de batalla, para que nada, enfín, resultase inútil.
9 comentarios:
Sin dúbida algunha, polo que nos contas, M. merece este posteo. Seguro que non foi inútil o seu campo de batalla.
Apertas
Aprecio essa coragem e essa coerência!
é unha noticia ben triste; o seu final xa dí moito de M. A investigación, o estudio é necesario para avanzar e ela mais que nada, seguro que quería ter avanzado un pouco mais. Non poido ser.
biquiños e condolencias.
Aldabra
Que sirva para algo, a lo menos....Valente e coherente M, unha pena a súa pérdida!!
Biquiños!
O peor da morte non é que todos teñamos que morrer; iso é o de menos e asumímolo; pero o fodido do invento é que se achegue silandeira acompañada do sufrimento. Uf!
moi triste iso que nos conta.
volvín ler o post de novembro.
novembro, co sol dourado.
e xa non.
unha aperta, Kaplan. mándolle unha aperta.
Aperta
M.Consecuente ainda despois do final.
Unha aperta a vostede e o seu amigo Teddy
Pois unha aperta kaplan, e a seguir camiñando.
Publicar un comentario