Maldito costume o de poñer nomes neutros e politicamente correctos aos centros de ensino. Revisando as listaxes dos traslados (si, non tiña mellor cousa que facer) descubrín que o antigo Piringalla de F.P. se chama agora Muralla Romana, como se fose un hotel ou un restaurante especializado en bodas.
Non debe ser alleo tampouco á redenominación o espirito prolatino que varre desde hai unha década esta cidade en que vivo, e que ten a súa eclosión petarda e kitch no Arde Lucus que, tempus fugit, novamente tomará as rúas de intramuros nunha semana a contar desde onte.
A cuestión está agora en se me exilio na Comarca como hai un ano ou se, facendo de tripas corazón, invito a Haddock a mergullarse na mai de todas as horteradas.
11 comentarios:
Veña ho, animese a invitar ao seu amigo.
Dealle a oportunidade de xurar a dúo con vostede contra todas as horteradas posibles!
[conste que eu nunca estiven e non podo opinar]
Eu tamén son de escapar, pero pode facelo mixto: un día presencial e o resto escapado...
Moitas veces, a mellor forma de escapar da horterada é mergullarse nela, precisamente para perderse. Bicos dominicais.
Non se pode fuxir eternamente. Unha boa terapia seria ver a horterada, descubrir a máis dun hortera coñecido enlodándose, e botar unhas boas risas
Vaia!!! Pois para min, se non hai cambio de plan , vai ser o me primeiro Arde Lucus, vou con moita curiosidade....Tamén e certo que unha se apunta ata a un bombardeo.
biquiños!
Convide o amigo e a filla e vaia con eles e a srta. Kaplan a mergullarse na horterada. Seguro que as nenas o pasan de medo.
Será que a quen lle toca poñer imaxinación e orixinalidade nos deseños, tamén se pillou na crise!
De todas formas, algo bo se sacará dese Arde Lucus, digo eu. Así que, aproveitar o que se poida! (Ou se queira!)
Xa me dirás a ver que cara lle queda despois a unha profe cando lle pregunten onde traballa e teña que respostar "Eu no Muralla Romana". Claro que, para os que son de fora, escoitar dicir que traballaba "no Piringalla", tamén teno seu aquel.
E tamén animo a participar na queima de Lvcvs. Para unha vez que deixan xogar con lume...)
Apertas
Quede na horterada, que lle vai dar material para boas postaxes.
Tes razón, o de "Muralla Romana" invita a facer reserva de habitación...
nunca fun ó Arde Lucus pero tal e como o contas parece que non perdín nada.
miña filla vai este ano cuns amigos, porque unha das rapazas que está no piso de estudantes con ela é de Lugo... está moi contenta coa idea, ademáis dín que se van disfrazar... pero xa se sabe, con 20 anos todo sabe a gloria bendita, o parecido.
biquiños,
Aldabra
Publicar un comentario