Once son os que cumpre, como sempre en pleno fragor do final de curso (chamou onte para contarme das súas notas, case inmellorables), nas vésperas do san Xoán (lembramos tamén cando hai dous anos fomos á verbena que nos plantaran ao pé da casa e comemos cadansúa sardiña e bailamos ao son da pachanga), e en pleno debate sobre as vacacións (organizar as axendas para que viaxe a Venecia comigo e a Londres con súa mai o mesmo mes non é tarefa doada),
Cómpre aproveitar o momento: a señorita Kaplan medra aparentemente máis rápido que nunca; segue a ser a nena de sempre, pero os cambios e as mudanzas comezaron e avisan sen dúbida posible de que a adolescencia se achega xa para instalarse.
Un ano máis, meu amor, feliz aniversario.
10 comentarios:
Felicidades para a señorita Kaplan. Polo cumple e polos bós resultados académicos. Que ambas cousas continúen por moito tempo.
(Ademáis de ter en común pais blogueiros, as señoritas Kaplan e Chousa, sin ser coetáneas exactamente, andan ben cerquiña unha da outra. E tamén por aquí colleitáronse óptimas cualificacións).
Feliz cumprenos, señorita Kaplan.
Medran ben rápido ¿non sí?
(repase ise meu amor do final)
Quixen dicir cumpreanos.
Felicito á señorita Kaplan. É un ano maior que a miña (Helena). Noraboa polas cualificacións. Non sería menos co pai que ten.
Un bico
Que gusto ver como vai medrando, que lonxe quedan aquelas tardes de bocadillo de nocilla despois de voar nos columpios.
Parabéns aos dous.
X
Felicidades para a pequena Kaplan, a adolescencia está a volta da esquina,pero que non deixe de disfrutar da infancia para o que ven xa haberá tempo.
Bicos para a familia Kaplan!
Parabéns pelo aniversário e pelas boas notas do curso!
Felicidades para a señorita Kaplan. Que envexa de vacacions!. Que disfruten intensamente destos momentos tan fermosos.
Parabéns á súa filla, tanto polos anos coma polas notas. Coide ben dela na adolescencia, escóitea, fálelle, que sufra o menos posible. :)
Once anos, que edade tan linda; agora xa poden discutir a gusto, e non porque sí, como ocorrirá máis tarde. O momento de consolidar tanto afecto, de ir configurando a súa relación do futuro.
Emocionomo.
Ela, nos momentos malos, nos que choque con vostede por moitas cousas, lembrará todo o amor que lle adicou, as cousas que fixeron xuntos... como ir a Venezia. Fantástico plan.
Publicar un comentario