Despois destes fríos, hoxe o día está tan soleado que me dá pena seguir encerrado na casa, debruzado sobre o mar de exames que estou a corrixir, mentres desde a xanela vexo romanos e romanas de medio pelo dirixíndose á urbe, plenamente actualizados pero polo menos sen levaren as bolsas do Gadis, como onte.
Desde que o Venres fun á consulta co papeliño en que tiña anotados os valores diarios da miña tensión e me receitou un diurético, vou ao wc máis veces que un xubilado.
A señora doutora, arxentina probablemente, quitoulle ferro ao asunto, pero falou xa de dieta e ordenoume facer unha ecografía abdominal e análises de sangue e urina.
A señora doutora, arxentina probablemente, quitoulle ferro ao asunto, pero falou xa de dieta e ordenoume facer unha ecografía abdominal e análises de sangue e urina.
Pero hoxe o día está tan soleado que teño que fuxir da casa sen remedio; en media hora terei á porta a Polis co batmóbil. E é que nos dixeron que en Portomarín estes días o nivel das augas está baixo mínimos e que a vella vila mergullada se deixa ver como nunca.
Mañá mostrareilles aquí os resultados.
10 comentarios:
Por moito ferro que lle quite a galena arxentina, non deixes de ter unha dieta que aporte minerais, que incluso para corrixir exames compre ter os niveis ben axeitados.
E sí que vai o embalse case seco por Portomarín e incluso río abaixo. A pasada fin de semana puiden comprobar como afloraban emocións en veciños de aldeas que non se vían dende fai 45 anos. Tamén teño fotos que o constatan. Algún día sairá algunha na Chousa.
Saúde e sol
(con algunha sombra, que tampouco é plan de queimarse!)
Goce do sol e do panorama.
Um bom passeio e cá ficamos à espera dessas fotos!
Teña conta, señor Kaplan. E, en vez de tomar química, tome xudías, cereixas,espárragos: todos son quen de facelo mexar todo o día...
Portomarín... cando era pequena ese nome soábame a maxia... eso de pensar que debaixo da agua había un pobo parecíame de película...
a última vez que estiven alí foi cando fixen o Camiño de Santiago, na bici... durmimos na tenda de campaña nun parque do pobo...
¡que lonxe quedan aqueles días e cantas cosas pasaron!
espero que prontiño recuperes a túa saude... á tensión non lle fagas moito caso, só o xusto... os nervos sempre xogan un papel importante nela.
biquiños,.
Aldabra
As obras do encoro de Belesar tamén están a deixar o descuberto moitas cousas que hai moitos anos que non vía a luz do sol.Merece a pena visitalos, sabe deus cando se volverán ver.
biquiños!!!
Ánimo cos exámenes, xa a piques de rematar. Ánimo tamén para eses pequeniños achaques que superará agora no vran con sol, descanso e moita lectura. Un saúdo
o seu post recordoume que tamén ando eu en visitas médicas precursoras de úlceras e voa sobre min o fantasma das dietas,
o cal é terrible, porque penso que, no argot dos psicólogos arxentinos, eu non debín de superar a fase oral a xulgar polo que eu disfruto con todo canto meto na boca!
Desexando ver esas fotos... cousas como a que describe teñen unha forza extraordinaria para facerme vivir en outras vidas, trasladarme a dimensións descoñecidas.
[xa sei o que pensará, pero non, non estou tola, no sentido estricto do termo]
E as fotos prometidas?
Publicar un comentario