É certo que este acto é banal e dá ben pouca materia para facer un post; pero cando íamos pagar sucedeu algo verdadeiramente extraordinario.
Unha das dúas señoras que estaban diante de nós na caixa pagou e marchou, esquecendo unhas cebolas. Cando a outra se decatou saíu atrás dela chamándoa e axitando a bolsa das cebolas, pero en vez de dirixirse á porta lanzouse en tromba contra o cristal, que non rompeu. Aí rolaron as cebolas fóra da bolsa e a señora, moi lentamente, xirou como para preguntar que pasara e caeu; matouse, dixo unha voz de muller, e correron alí as caixeiras e as clientas a socorrer a pobre, e alguén que non fun eu chamou ao 112 para que viñese unha ambulancia.
Horas despois seguimos conmocionados; a señorita Kaplan xura que viu curvarse o escaparate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario