mércores, 22 de marzo de 2006

Boda

O bon da Primavera sen dúvida é a mellora do tempo, e eses dias longos que parecen intermináveis sen a permanente ameaza do solpor dos dias invernais.
O pior da Primavera é sen dúvida o cámbio que provoca nas persoas: a xente aparentemente tranquila acorda do seu dia a dia e contrai a perigosa enfermidade da mudanza; alguns inician dietas, outros comezan cursos de idiomas ou namoran; hai-nos que se inscreven en xinásios, grupos vexetarianos de meditación ou ONGs; tamén hai quen descobre (parece mentira) que o seu armário está deixado da mao de Deus, ou que o que está deixado da mao de Deus é a sua própia vida, e argalla ideas de como mudar o triste futuro que agarda.
Asi, cada ano, o pior da Primavera son, sen dúvida, as bodas.
E os que vivemos a este lado do camiño, ao volvermos un dia do traballo cheos de fame, abrimos o buzón (ou descolgamos o teléfono, non seria a primeira vez) e atopamos, entre as cartas do banco e a publicidade, un branco sobre excesivamente longo, ou excesivamente adornado con dourados e flores, e inequivocamente intuímos que alguén se lembrou de invitar-nos ao seu casamento.
E asi sucedeu hoxe, Mércores da trégua, ao volver do traballo: entre as cartas do banco e os folletos sindicais, un sobre beige excesivamente longo, adornado con duas alianzas e duas pombas, convoca-me a unha cerimónia civil no mes de Maio.
Porfin, despois de 10 anos (talvez máis), dous fillos e unha hipoteca, Aurora e Taciturno regularizan o seu estado civil.
A cuestión agora é: o tradicional xogo de café ou un inovador (e útil) xogo de maletas?
Nona e Tere Holmes, plis, que opinades?

7 comentarios:

Cesare dixo...

Tendo en conta que as vodas son un atraso, por que non lles regala algo atrasado? Propoño unha enciclopedia en papel

Peke dixo...

O malo das vodas é comer o coco para facer un regalo que se saia do común. Difícil o vexo neste caso.

D. Rambaut dixo...

1- GRAN DICIONARIO CUMIO
DA LINGUA GALEGA (con etimoloxía)
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

2- Alonso Estravís, I. (1986):
Diccionario da Lingua Galega. 3 vols. Madrid: Alhena.

3- Diccionario Xerais Galego-Castelán / Castellano-Gallego, Luís Castro Macía.

4- Diccionario Xerais Galego-Castelán / Castellano--Gallego (2001)
5- Diccionario Xerais Galego-Francés / Français-Galicien (2002)
6- Diccionario Xerais Galego-Inglés / English-Galician (2003), Obras as dúas últimas, que preparan un amplo grupo de diccionaristas lucenses

7-MARÍA MOLINER
DICCIONARIO DE USO DEL ESPAÑOL
2 volúmenes

Todo dentro dunha maleta bonita ou para acompañar un ratiño de leitura con un café, servido nunha artística cunca. ;-))

Daniel

Tongzhi dixo...

E os passarinhos e passarinhas?
he he he

Eu já começo a ter ninhos na minha casa :)

Um abraço bem primaveril!!!

Miguel dixo...

Ai, hermano mío, como fui feliz numa boda (só a dois num quartinho de La Coruña!!!!). E olha que não era Primavera, já Setembro se aproximava do fim e foi divina essa boda.
Depois disso, como posso ter paciência para aguantar outras bodas e as bodas de outros, programadas como manda o figurino? Nem a Primavera com toda a sua pujança me alicia a experimentar tal Semana Santa.

bueno dixo...

Na minha reles opiniao, definitivamente o jogo de malas! Embora a primavera se repita, a natureza é tao perfeita, que parece à cada vez, ser a primeira.

Arín dixo...

E que tal un reloxo de péndulo, para que pensen no tempo que lles resta xuntos e non fagan parvadas con el agora que casaron?