mércores, 15 de marzo de 2006

Calor

Abraiante, rotunda, espléndida, como sempre impontual, acode á nosa cita.
Non é necesário dicer o seu nome: está nas mimosas que sobreviveron á acción destrutora do Inverno, nas floriñas esparexidas ao pé das murallas de Ithaca, nos gomos verde claro das pólas de cada árvore.
Está no meu nariz, no meu corazón; tamén na excitación presente máis do que nunca ao Sul do meu ecuador, como unha resposta do sangue á chamada primitiva e orixinal.
En definitiva, no apetito sexual case feroz.

Está nos amigos que vou atopando polas ruas, sen casaco nen abrigo; está nas terrazas abeiradas aos bares de costume, na xente que enche as prazas, no calendário que agoira exames e unha avaliación que se toca xa coa ponta dos dedos.
Tamén nas vacacións de fin de trimestre, nos proxectos, contraditórios, subitamente recobrados para esas vacacións:
mentres Vapin recupera a vella idea de irmos a Londres nos festivos, un Pólis desencantado dunha lua cada vez máis minguante oferece-me o ouro e o mouro se vou con el a Marrakech.
Hamletizo-me durante uns dias: desloco-me mentalmente da medina aos megalitos de Stonehenge, deambulo entre dúvidas por Camden mentres os muecins chaman á oración no serao púrpura do Venres Santo, e digo para min non, e tamén digo non máis outra vez.
Esta noite negarei-me a Pólis, ainda que o porco que ceemos no chinés se torne máis ágri que doce e non se poida comer.
Na noite de San Patrício negarei-me a Vapin, ainda que a cervexa se volva tan negra e tan amarga que deixe de ser cervexa.

8 comentarios:

i.a. dixo...

vaia, vaia, l'homme revolté c'est l'homme que dit non ;-)

Tongzhi dixo...

As flores são lindas, mesmo mimosas. Faz-me lembrar a quinta dos meus avós que ficava cheia delas.
Abraço

bueno dixo...

Aqui ela ainda nao chegou e segundo o departamento metereológico, vai demorar. neve e frio, frio e neve. um abraco e considere-se sortudo!

Nona dixo...

Aquí hoxe mesmo vai un frío que me ten encollida. E eu que pensaba licenciar ata o ano que ven á miña querida estufa de leña...

Velis dixo...

Ai l'estiu!!!
I ai Sant Patrici!!! (entre Guinness, of course!)

Arín dixo...

Feliz San Patricio!
O malo é que parece que queren facer comercial esta festa tamén, como fixeron co San Valentín ou co dia do Pai. Non hai máis que ver a convocatoria dos botellóns ou as festas de Guinnes e Jameson para esta noite.

Marinha de Allegue dixo...

Mimosas que lindas!!!!!.

Unha aperta xa de primavera
(hoxe pasada por auga).
;)

Laurindinha dixo...

Que ben esencializada está no teu texto a primavera e as sensacións que vivín esta semana...