domingo, 5 de marzo de 2006

Mistetas

O aviso de que Tere Holmes está en Ithaca pilla-me tarde e por sorpresa; a miña filla está comigo, os dous mergullados nun finde doméstico: de volta de xantar cos avós, encerramo-nos na casa fuxindo da ventisca, o frio e o dilúvio.
Despois de repasar a letra p, que como todo o mundo sabe é bastante difícil (pa, pe, pi, po, pu, pau, pio, pepe, pai), e mentres merenda, a nena quere ver a sua película favorita; pero antes de que os níveis de glicose en sangue se nos disparen, acorda-se de contar-me o chiste aquel da pobre señora que perdeu un can chamado Mistetas...
Estrañado e gozoso, miro como cai a choiva, e supoño que este mundo en realidade non deveu mudar tanto cando, 35 anos despois, a miña filla conta o mesmo chiste que eu contaba aos seus anos.
Provavelmente, algo asi deveu pensar Noé cando llo escuitou a Sem unha tarde escura, dentro da arca á deriva, por matar o tempo.

3 comentarios:

Arín dixo...

Mr. Kaplan: xa nin me acordaba do tal chiste. Moi agradecido :-D

D. Rambaut dixo...

Sabes que tempo há, un coñecido diarío "cuasilocal" publicou un artigo no que falaba dunhas peripecias nadalicias familiares que titulou "os Von Trapp lucenses" e falaba de "min+nos",jejeje.
Émuladores nons chamaron.
uffff.
En canto o chiste alédame saber que non "tudo o bom" se perdeu ;-) e que perdura como as pilas do coello.
Daniel

Laurindinha dixo...

Aínda o outro día, falando cunhas amigas, chegamos á conclusión de que debe de ser o chiste máis estendido...