![](http://photos1.blogger.com/blogger/2684/701/200/nietzche.jpg)
Inteiro-me deste por Nican, que me chama para contar-mo: hai poucos dias soterraron no claustro da Catedral o que fora profesor meu de Filosofia en 2º, coengo e carca, do que apenas gardo unha lembranza: Nietzsche, home intelixentísimo, e un demente; fixen-se vostedes que mantiña tratos carnais coa sua própia irmá, non lles digo máis...
E non nos dixo: entrou a saco a batallar contra o materialismo histórico, e daquel demo incestuoso nunca máis se soubo.
Anos despois, o Inverno anterior a Lisboa, Nietzsche seria o tema da inacabável tese de Laura; tamén o nome do seu cadeliño coxo e agradecido, aquel que unha mañá recollemos nunha estrada comarcal baixo a choiva.
3 comentarios:
Chegou, xa está aquí... E LEMBRASE PERFECTAMENTE DE TI. Cando subas igual se te presenta, vaino pensando. Tal vez non te compense ;-))
Daniel
Me temo que todos hemos tenido uno así; me refiero al profesor, claro.
Chamoulle Nietzsche ó can... Supoño que non sería ó estilo de Trotsky ou Arafat...
Publicar un comentario