sábado, 18 de marzo de 2006

Insecto

Cando acordei esta mañá despois dun soño intranquilo, achei-me sobre a cama convertido nun monstruoso insecto. Estava deitado bocarriba cunha tremenda dor de cabeza e, o que era pior, sentindo un desasosego profundo e un gran cargo de conciéncia.
A noite pasada saín.
Por contar-lle a Vapin os motivos polos que non irei a Londres, polo San Patrício, por celebrar tamén o éxito da dieta... o caso é que, de inteirar-se, o internista choraria o meu pecado: tres cañas e catro tapas de queixo manchego. E non atenua o meu remorso o formoso gorro negro e verde de leprechaun ou bufón que me regalaron na Cova polo San Patrício e que agora, se puxo contra a dureza dos élitros e curvo un pouco o abdome, apenas dou alviscado desde aqui, imóbil mirando o teito, co portátil sobre o meu tórax quitinoso, mentres escrevo isto.

6 comentarios:

Morgana dixo...

Por un día que se salte la dieta no le van a dar un premio, pero tampoco hay que quemarle en la hoguera ;-)

Peke dixo...

Un día -se só é un día- é un día. Nada grave, en calquera caso.

Laurindinha dixo...

Eu hoxe tamén me sinto un pouco becho...

i.a. dixo...

que lhe cortem a cabeça! que lhe cortem a cabeça! XP

Plattdorf dixo...

Bah, tan mal non podía estar se puido escribir así, con intertextualidades e todo.

:-))

bueno dixo...

O importante é saber por vezes perder o controle, para logo achá-lo de novo. Nao é a dieta, mas a mudanca dos habitos alimentares. Acredite-me, eu sei o quanto é difícil!