martes, 29 de maio de 2007

Esmelle

Ben pronto o seu blogue estará de aniversario, pero hoxe hai xusto un ano que a Dama de Esmelle descubriu o camiño a Ithaca, e desde aquela non deixou de asomarse a esta illa-tobo para axexar desde ela o horizonte como eu o vexo.
Como declaración de intencións definiuse logo, sen errar, como unha rubideira teimuda; o tempo encargouse de demostralo: a sua curiosidade segue a lucir vizosa e firme, e eu do seu blogue aprendo cada día.
Oxalá os camiños abertos nesa Selva sexan longos e fecundos, e infinitas as mañás de estío que os alumen.

2 comentarios:

X dixo...

Si, ten razón, hai tan só un ano a súa inesperada descuberta provocou todo, ben o sabe, hoxe son lembranza feliz aqueles días de lectura que semellan ter existido hai anos. Aprendín daquela un camiño cara a Ithaca que xa non hei esquecer.
Sabe, señor Kaplan, esta vez conseguiu emocionarme moito, o seu post non podería ter chegado en mellor momento.
Mil grazas.

peke dixo...

Oxalá.