mércores, 9 de maio de 2007

Cuestionário Proust

Como en Fuenteovejunha (todos á unha!), o blogomillo e arredores anda inzado do cuestionário de marras, asi que me autorreto, e a respondelo me entrego por non ficar fóra. Eis as miñas respostas:
  • O principal trazo do meu carácter?
    A impulsividade, está clarísimo.
  • A calidade que prefiro nun home?
    A paciéncia, a dignidade e o sentido do humor.
  • A calidade que prefiro nunha muller?
    As mesmas que prefiro nun home.
  • O que máis aprezo nos meus amigos?
    A lealdade e a tenrura.
  • O meu principal defecto?
    O orgullo.
  • A miña ocupación favorita?
    Pasar o tempo en mil cousas inútiles: ver unha boa película, ler un bon libro, argallar nesta blogue ou navegar pola Rede. Ultimamente incluso fago fotos.
  • O meu soño de dita?
    Vivir en paz.
  • Cal seria a miña maior desgraza?
    Non valerme por min mesmo: Física, mental, economicamente.
  • Que quereria ser?
    Un bon pai para a miña filla.
  • Onde desexaria vivir?
    Nunha casa da que non me fose en moitos anos. A ver se desta vai.
  • A cor que prefiro?
    O azul intenso.
  • A flor que prefiro?
    O íris, a papoula e o xirasol.
  • O paxaro que prefiro?
    As cegoñas, que tras moitos anos voltaron de novo ás campiñas de Ithaca como unha promesa de futuro (ainda que iso, á vista do que se nos bota enriba, non sei se será un bon indício).
  • Os meus autores preferidos en prosa?
  • Todos os que me saben entreter: Cortázar, Bolaño, Proust, Baroja, os novelistas do XIX (Eça, Clarin, Dumas, Tolstoi, Dostoievski), Faulkner... O último descubrimento, Pamuk.
  • Os meus poetas preferidos?
    Álvaro de Campos, Cunqueiro, San Juan de la Cruz, Neruda, Whitman.
  • Os meus heroes de ficción?
    Héctor. Tintin. Atticus Finch.
  • As miñas heroínas de ficción?
    A tenente Ripley. Dorothy.
  • Os meus compositores preferidos?
    De Satie a Bruce Springsteen, moitos.
  • Os meus pintores predilectos?
    Os impresionistas, con Monet e van Gogh á frente; Caravaggio, o Bosco, Vermeer.
    Os meus heroes da vida real?
  • Os inmigrantes que cada dia chegan á nosa costa á procura dun soño.
  • As miñas heroínas históricas?
    Rosa Parks e todas as que, coma ela, fan dia a dia que o mundo non sexa un inferno.
  • Os meus nomes favoritos?
    Para home, Ulises; para muller, o da miña filla.
  • Que detesto máis que nada?
    A cobiza, a envexa, o oportunismo.
  • Que caracteres históricos desprezo máis?
    Os tiranos, as tiranias e a miséria que provocan.
  • Que feito militar admiro máis?
    Que tal se digo a guerra de Troia?
  • Que reforma admiro máis?
    Calquera que nos faga máis libres e máis honestos.
  • Que dons naturais quixera ter?
    Unha paciéncia infinita.
  • Como me gustaría morrer?
    Consciente, tranquilo e dunha forma rápida, a ser posible sen dor.
  • Estado presente do meu espírito?
    Asténico e máis ben inconsistente.
  • Feitos que me inspiran máis indulxéncia?
    Aqueles que se cometen por medo ou covardia.
  • O meu lema?
    Vive sen vivir en ti.

5 comentarios:

gatina dixo...

BRAVO. Admira as mesmas calidades nun home que nunha muller. Ninguén o dixera qye eu leese. Alégrome.
Ler o ver unha boa peli non son cousas inútiles!!
Pero a resposta que mais me gustou foi a de ser un bo pai, de seguro que o é, sen dúbida.
Noraboa.

X dixo...

Moi ben feitos os deberes.

morgana dixo...

Ese lema suyo mola... ¡lo hago mío! :)

peke dixo...

O seu lema é inquietante.

X dixo...

Estou con peke.