- O principal trazo do meu carácter?
A impulsividade, está clarísimo. - A calidade que prefiro nun home?
A paciéncia, a dignidade e o sentido do humor. - A calidade que prefiro nunha muller?
As mesmas que prefiro nun home. - O que máis aprezo nos meus amigos?
A lealdade e a tenrura. - O meu principal defecto?
O orgullo. - A miña ocupación favorita?
Pasar o tempo en mil cousas inútiles: ver unha boa película, ler un bon libro, argallar nesta blogue ou navegar pola Rede. Ultimamente incluso fago fotos. - O meu soño de dita?
Vivir en paz. - Cal seria a miña maior desgraza?
Non valerme por min mesmo: Física, mental, economicamente. - Que quereria ser?
Un bon pai para a miña filla. - Onde desexaria vivir?
Nunha casa da que non me fose en moitos anos. A ver se desta vai. - A cor que prefiro?
O azul intenso. - A flor que prefiro?
O íris, a papoula e o xirasol. - O paxaro que prefiro?
As cegoñas, que tras moitos anos voltaron de novo ás campiñas de Ithaca como unha promesa de futuro (ainda que iso, á vista do que se nos bota enriba, non sei se será un bon indício). - Os meus autores preferidos en prosa?
- Todos os que me saben entreter: Cortázar, Bolaño, Proust, Baroja, os novelistas do XIX (Eça, Clarin, Dumas, Tolstoi, Dostoievski), Faulkner... O último descubrimento, Pamuk.
- Os meus poetas preferidos?
Álvaro de Campos, Cunqueiro, San Juan de la Cruz, Neruda, Whitman. - Os meus heroes de ficción?
Héctor. Tintin. Atticus Finch. - As miñas heroínas de ficción?
A tenente Ripley. Dorothy. - Os meus compositores preferidos?
De Satie a Bruce Springsteen, moitos. - Os meus pintores predilectos?
Os impresionistas, con Monet e van Gogh á frente; Caravaggio, o Bosco, Vermeer.
Os meus heroes da vida real? - Os inmigrantes que cada dia chegan á nosa costa á procura dun soño.
- As miñas heroínas históricas?
Rosa Parks e todas as que, coma ela, fan dia a dia que o mundo non sexa un inferno. - Os meus nomes favoritos?
Para home, Ulises; para muller, o da miña filla. - Que detesto máis que nada?
A cobiza, a envexa, o oportunismo. - Que caracteres históricos desprezo máis?
Os tiranos, as tiranias e a miséria que provocan. - Que feito militar admiro máis?
Que tal se digo a guerra de Troia? - Que reforma admiro máis?
Calquera que nos faga máis libres e máis honestos. - Que dons naturais quixera ter?
Unha paciéncia infinita. - Como me gustaría morrer?
Consciente, tranquilo e dunha forma rápida, a ser posible sen dor. - Estado presente do meu espírito?
Asténico e máis ben inconsistente. - Feitos que me inspiran máis indulxéncia?
Aqueles que se cometen por medo ou covardia. - O meu lema?
Vive sen vivir en ti.
mércores, 9 de maio de 2007
Cuestionário Proust
Como en Fuenteovejunha (todos á unha!), o blogomillo e arredores anda inzado do cuestionário de marras, asi que me autorreto, e a respondelo me entrego por non ficar fóra. Eis as miñas respostas:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios:
BRAVO. Admira as mesmas calidades nun home que nunha muller. Ninguén o dixera qye eu leese. Alégrome.
Ler o ver unha boa peli non son cousas inútiles!!
Pero a resposta que mais me gustou foi a de ser un bo pai, de seguro que o é, sen dúbida.
Noraboa.
Moi ben feitos os deberes.
Ese lema suyo mola... ¡lo hago mío! :)
O seu lema é inquietante.
Estou con peke.
Publicar un comentario