martes, 8 de maio de 2007

Mia senhor

Pregunto no exame de literatura medieval como chamaba o trovador á muller amada nas cantigas de amor; basta con escribir duas palabras para contestar, aclarei.
Hoxe ao corrixir vin que un alumno respondera, efectivamente con duas palabras, Mari Carmen.

6 comentarios:

X dixo...

:D
Non dou parado de rir, é boííííííísimo.
Claro, é que vostede pregunta cada cousa...

Natyara dixo...

O mellor Mari Carmen é a súa amada..vai ti saber!
Alegrome de que volvera. Un saúdo

peke dixo...

Ha, ha, ha. Seguro que neses momentos se sentía trobador el tamén. Boísimo!

peke dixo...

Para cando o cuestionario Proust? :)

gatina dixo...

Jajajajajajajaja!!! Que bo. Eu aprobaríano por geta. Cantas veces pensei responder dese xeito nun examen, pero faltame descaro.

Mrs.Doyle dixo...

Ao mellor o seu alumno está tan namorado dunha Mari Carmen que non pode ver máis alá...

A verdade e que os estudantes ás veces nos traen tolos, pero non podemos decir que non nos fan rir...