xoves, 24 de maio de 2007

Ira

Presenciei un día desta semana, no instituto, un arrebato de ira.
Estou no corredor cando o profesor de física, cargado con libros e carpetas, pasa cara ao seu departamento sen verme. Diante da porta realiza unha danza estraña para localizar dentro do peto e meter na fechadura, sen que lle caia a impedimenta, unha chave que finalmente non dá aberto aquela porta, outra vez, seguramente por décima ou por centésima ou por milésima vez, e aí o habitualmente manso e pusilánime profesor perde os nervios, guinda cos libros e carpetas, e bate na porta atrancada como se fose a causa de todos os problemas.
Daquela sentín vergoña, e se me acheguei para ofrecerlle axuda foi sobre todo para que soubese que non estaba só, que alguén máis o estaba a ver.

2 comentarios:

peke dixo...

Quen estea libre da ira que tire a primeira pedra. :)

gatina dixo...

A ira fruto da desesperación, hai moitas cousas que desatan a ira...