domingo, 1 de xullo de 2007

Funeral

A segunda invitación chegou onte á noite.
A casualidade quere que mentres vexo The Queen, unha comisión de viciños coa inefable Pepe Blanco á frente chame á porta para contarme que ao señor do A lle deu unha cousa pola mañá e que morreu na Residencia pola tarde, que o funeral será o Luns, e que andan recadando fondos polos pisos para mandar unha coroa.
Dígolles que irei ao funeral e que me apunten para as flores, e volvo para o salón a terminar a película; daquela lembro que o Xoves pasado subín co pobre señor A, que se queixou do tempo e, mentres esperábamos polo ascensor, de que as plantas do portal estaban secas, que era mellor poñer unhas de plástico, que non había que regalas e que duraban para sempre.Vaites...

13 comentarios:

Anonymous dixo...

Entonces, el vecino que se ha muerto ¿es el mismo de las colombianas y el perfume, Patrik Suskind? Vaya por diosss...

Morgana dixo...

Soy Morgana.

X dixo...

E despois de tanta interrupción, ao final, a peli, gustoulle ou non lle gustou?

Torreira dixo...

Evidentemente,A,non era de plástico.

franetico dixo...

Creo que tu vecino, sabiendo que su tiempo se acababa, te remitió sus últimas voluntades en forma de diálogo "pequeno besbello" o parábola cristiana. Afilando un poco la mirada, entiendo que desea no ser incinerado ni enterrado si no plastificado.

bueno dixo...

Acho que estou precisando ir a Ithaca, tem epocas das vida que precisamos renovar

Pájaro Azul dixo...

Pobre señor A. Ya le hubiese gustado ser de plástico y así no se hubiera marchitando tan pronto

Mrs.Doyle dixo...

As de plástico tampouco son eternas...

Lúa dixo...

vaites...

Sen_Identidade dixo...

Semella que foi entretido o funeral. ¿Está vostede ainda nel?.

X dixo...

Ese funeral xa dura máis que a voda de Paulina e Colate :D

Kaplan dixo...

morgana: patrick suskind vive no b e goza de excelente saúde.
x: encantoume a peli, e hoxe espero postar aqui algo. ando liado, xa sabe.
a todos, en nome da comunidade de viciños, grazas polas mostras de pesar.

X dixo...

Eu tamén gostei dela, especialmente das conversas con Blair, e non tiña nin idea do do diario, aínda que claro, eu non son unha experta monárquica.