Fun un destes días coa nena (que pasou aquí a semana toda) visitar a nova casa. Entramos ao garaxe chimpando por riba da zanxa pola que os obreiros meten a toda présa tubos como artérias para auga e luz: revisamos a praza que nos corresponde e o rocho, hoxe vestiário de pintores. Vimos o portal, recuberto de madeira coma un camarote, cunha das paredes pintada de colorado, onde locen as arcas do correo e o espello marcado con dedos proletarios.
Cruzamos electricistas e pintores cando subíamos polas escaleiras, enfariñando o calzado co pó branco que cubría os chanzos, até chegarmos á decepción da porta fechada do piso, algo co que non contábamos. A nena propón, mentres collemos aire, que chamemos ao timbre, a ver que pasa.
Ao mellor saímos nós mesmos a abrir, dígolle, e ela xa está a poñerme á raia (Papá...!) cando un operario un pouco punkie abre a porta e nos deixa inspeccionar os cuartos terminados; a diferenza das outras veces, a nena non bota a correr tolamente senón que percorre un por un devagar até chegar ao dela (o meu non lle interesa o máis mínimo); véxoa moverse por el e xirar e ir un par de veces á xanela e fechar a porta, mentres chega o veredito: é o cuarto máis bonito do mundo, di finalmente.
Saímos á rúa cargados de interrogantes que só as semanas se ocuparán de resolver.
9 comentarios:
De seguro que o é :-)
E o seu? É o cuarto máis bonito do mundo?
vaino ser, déalle tempo :-)
Siempre me han producido una ternura infinita las imágenes de un hombre con su pequeño o pequeña en brazos o jugueteando con ellos. No sin cierta dificultad leo tu blog y me produce el mismo sentimiento.
Un abrazo
Odio las mudanzas, pero qué bonito es hacer de una casa tu hogar, la casa mas bonita del mundo.
Espero que la disfruten.
querido
estou saindo um pouco de ferias
te desejo uma boa semana
estarei de volta em breve
obrigado por tudo
claudio
Unha casa nova é unha vida nova. Ogallá saia todo ben.
Parabens, non hai nada mellor que unha casa nova.
Que a desfrutedes
semepre que hai nenos na casa teñene que ser os que den o visto bó....non????hihihi bicos
Publicar un comentario