Como podía saber eu que o máis usual dicionario escolar galego non recolle a entrada cunicultor, que salta sen reparo de cuneiforme a cunilingus, como me di, pasando o índice arriba e abaixo pola páxina, un alumno ao que seguen outros que tampouco atopan a palabra.
Ao parecer, isto ponos tan tristes que ningún le máis nada: non hai risos nin picardías nin miradas cómplices entre eles mentres lles falo de criadores e granxas, de tristes coelliños encerrados en gaiolas.
2 comentarios:
Ohhhhhhh
:(
E cunilingus aparece nun dicionario escolar? Que escándalo, desque gobernan os roxos...
Publicar un comentario