luns, 28 de abril de 2008

Folga

Unha conselleira presuntamente de esquerdas, co seu equipo de asesores, pedagogos, profesores liberados e demais que forman parte dun goberno que presume de progresista, anda a facer equilibrios para dar encaixado, por primeira vez na historia, a asignatura de relixión católica no 2º curso de Bacharelato, en lugar de facer o posible por que desaparecese dunha vez por todas dun ensino que debería ser de calidade e laico.
Como o horario non é elástico, para conseguir o anterior e reforzar as optativas, cómprelles quitar horas doutras asignaturas, como a Filosofía, a Educación Física (que perde presenza nun 50%) ou a Historia, que non só reduce clases senón que aumenta o temario.
Por todo isto respondín á convocatoria de folga e mañá non irei traballar; quedarei na casa, pero non tranquilamente senón rosmando e maldicindo dunha conselleira e un equipo aos que, polo menos indirectamente, puxen eu aí votando o partido co que están coaligados.
Maldita sexa!

3 comentarios:

Perry dixo...

Es lo que tiene no asumir lo que de verdad es uno. Y ahí el PSOE ya nos ha dado más que pruebas: ¿no fueron los socialistas los que extendieron los conciertos educativos con los colegios religiosos? ¿no siguen manteniendo el concordato y la financiación a la iglesia católica? pués ya ves.
(También yo me he puesto en huelga, aunque no sé muy bien para qué)

X dixo...

Velaí a traxedia do asunto, voluntariamente atrapados nos votos útiles/semiútiles acabamos secuestrados no que nos teñen vendido como a única opción "progresista" posible. E nós, demócratas convencidos, vemos como por haches ou bes, acabamos onde non queriamos. Claro que todo isto do Bacharelato xa viña de lonxe, e foi cando o da aprobación da LODE cando se tiñan que ter tomado medidas que hoxe xa de pouco/nada han valer.
Ademais, todo isto da educación cre vostede que é unha cuestión importante (xa non digo máis) para o común da poboación?
E en canto ao do "financiamento", aisss...

Cesare dixo...

I agree, ;)