domingo, 13 de abril de 2008

Meme de estouciar

Respondo xa o meme de estouciar, o das alegrías ou alivios, o meme que arrastro como unha sombra desde que a QB, esa armadanzas, me invitou a esmaghar toxos, e que fun deixando deixando, pero que de hoxe non pasa.
Así pois, os meus nominados son:
  1. Queue Bleue: porque amor con amor se paga, pero sobre todo polo pelo roxo que o seu avatar insinúa; teña por certo, midons, que esas son palabras maiores.
  2. X de Esmelle: non hai avatar, pero supóñoa morena, estable, organizada e constante, o que a fai irresistible tanto para aquelar fluídos como para pasar unha noite colléndolle as mans, mirando estrelas.
  3. Césare: Intercambiar conversa e pirolazos co autor do mellor blogue do blogomillo ten que ser, sen dúbida, algo moi estimulante.
  4. Plattdorf: Polos vellos tempos e aquelas crónicas desde Berlín.
  5. Non hai máis nominados porque, de momento, o número 5 non ten o forno para moitos bolos (aí o deixamos).

5 comentarios:

La queue bleue dixo...

Oh meu deus! Isto desperta em mim sentimentos contraditórios... sinto-me muitão halagada :P mas tamém me sinto umha fraude... E agora? Que farei: pintar o cabelo ou mudar o avatar?
:O

X dixo...

Toda unha honra e mais tendo en conta a compañía.
Fíxome graza a súa suposición sobre a cor do pelo, hoxe que todas as mulleres son loiras. Mais, si, acertou, morena de toda a vida. Ah, si, esquecíao, encántame resultar irresistible. Empezo a notar que iso é algo que unha valora máis segundo se vai achegando o "momento" (enténdase por "momento" ese paso sutil diferenza que supón o paso de deixar de pertencer á trintena para integrarse na corentena).

X dixo...

E gustoume moitísimo a colaxe do post.

X dixo...

Kaplan embalado na Selva :D

peke dixo...

Deixoume intrigada co punto 5.