luns, 13 de outubro de 2008

$e eu fose rico

O señor Paideleo, coa súa proverbial amabilidade, ponme no compromiso de responder o meme do millonario, elucubrando que excentricidades cometería se eu fose rico (yubby dibby dibby dibby dibby dibby dibby dum); como a cousa non me resulta así tan doada, mesmo en época de crise, pensei empezar por unha excentricidade, pero esta de pobre: en lugar de facelo ao final do post, será agora cando enumere os millonarios potenciais, e xa mañá terei tempo de responder o meme.
Así que díganme, señoras de Esmelle, Noe Pastor, Sun, Queue Bleue, señor Rambaut: con que extravagancias sorprenderían o mundo, en que gastarían os cartiños, que imaxinarían para que virasen pálidos de envexa os sultáns das lendas?
Por se procuraren ideas ou inspiración, déixoos con Rev Tebye e as súas suxestións.
Lémbranse?

5 comentarios:

X dixo...

Tomo nota, como a encomenda é tan difícil solicito ampliación de prazo :)

Sun Iou Miou dixo...

Está, acepto, por non volver ser túzara (e sen que sirva de precedente), e porque eu, non sei se alguén reparou, xa son rica e non vou ter que imaxinar nada. Ao que me nego é a pasar a encomenda. Déixeme relaxar un pouco, que iso pode dar para un texto decente.

Sun Iou Miou dixo...

Ai, que gana me entrou de ver esa película outra vez...

Noemí Pastor dixo...

Recojo el guante, mister Kaplan. A ver qué sale.

D.Rambaut dixo...

:-\/\/\/\/\/\/\-Oo