martes, 25 de novembro de 2008

Adxectivos

Faltan unhas poucas semanas para a avaliación e en cuarto repasamos o tema dos adxectivos.
É o asunto dos adxectivos relativos aos animais: vacún, ovino, porcino, caprino, bovino... Estou preparado para certas parvadas: espero que, como sempre, alguén diga que entendeu bobiño, e toda a clase rirá, e eu farei por levalos novamente ao rego.
Sen embargo, non é isto o que sucede.
Tras vacas, bois e aves chegamos aos cabalos; os alumnos dubidan, tardan, pero propoñen ecuestre e até hípico; ao parecer, esqueceron equino, e son eu quen finalmente o acaba propoñendo, quen o escribe sobre a verde superficie do encerado.
Antes de volverme, un alumno lamíname in situ: ai, profe, ese adxectivo é para os cochos, non para os cabalos, di, case con lástima de me ter pillado.
Como para os cochos? pregunto eu, perplexo, sen comprender nada.
Si, profe, polo menos na miña casa, cando queren chamar polo cocho sempre din quino ven, quiiiino!

5 comentarios:

paideleo dixo...

Mui bo !.

X dixo...

Estaba morrendo de sono pero o seu post fíxome rir moito e xa me botou o sono.
Quino, quino, vénnnnnnnnnn :D

mariajesusparadela dixo...

Pois sí.
Pero algúns tamén din "quiro, quiro".
Hoxe estivo vostede sembrado...

Sun Iou Miou dixo...

Entón churriño é para as galiñas?

Churras, churras, churras!

Cesare dixo...

desculpe, pero xa ten huevos dicir que vacún é un adxectivo... :) que duro é ser profe.