Aproveitando unha raiola de sol, imos ao cemiterio a cumprir co precepto.
Mentres miña mai coloca os crisantemos brancos e amarelos, meu pai desaparece; desde que volveu fumar, estas desaparicións son frecuentes. Atópoo tras a cruz dos caídos na guerra de Cuba, hoxe lindamente decorada con flores, e reunímonos de novo os tres diante da sepultura dos avós.
Mentres miña mai reza, eu perdo o ollar polo mar de tumbas que temos á volta: coñecín tantas ducias, pode que tantos centos dos que agora xacen no seu fondo, que talvez sexa unha lástima que nunca me vaian enterrar aquí.
Que había de estar talvez non mellor, pero si máis acompañado.
4 comentarios:
Por razóns que non veñen ao caso sempre botei de menos ter unha tumba que poder visitar. Creo que unha localización física concreta dos restos daquel a quen coñeciches ou quixeches pode chegar a confortar na dor da perda.
Seica agora impedimos o acceso ao perfil?????
Eu non digo nada, vostede verá se logo lle protestan e lle din cousas que non quere oír :P
¡ aiii meu... non se imaxina que día máis estresante¡¡¡
Teño a "aureola" enredada de tanto estreitala con outras´... tamén con algún "corno" que outro....
En fin, pasou o día pasou a romaría. Ata o ano.
Daniel
Que me incinereeen a mi, que me quemeeen
Publicar un comentario