mércores, 5 de novembro de 2008

Obama

Ao mediodía chamou a señorita Kaplan, por segunda vez en poucas horas (onte, de paso, tamén me felicitou os anos) para asegurarse de que Obama gañara as eleccións.
Está entusiasmada porque venceu o seu candidato, pero tamén me lembra que eu apoiaba a muller aquela: vale, recoñézollo, que remedio, e antes de empezarmos coa agonía de quen colga (colga ti, colgo eu, colga ti, non, non colgo, colgo eu, colga), dígolle para calmala que iso era antes, que agora hai que deixar os reproches e mantérmonos unidos para apoiar o novo Presidente.


(Ufff!: ser pai dunha nena informada, comprometida e con memoria é o que ten)

9 comentarios:

leticia dixo...

Vaya con la "Liza" que tienes en casita eh??
Así me gusta. Que vengan pisando fuerte, porque la balanza está muuuy desequilibrada.

Besos para el papá orgulloso y tb para esa nena genial. No le dejes cambiar nunca.

Cesare dixo...

Apoiaba a muller aquela?
Ghasús...

X dixo...

Que guai, xogan a quen colga antes, uf, a de horas que teño pasado eu co colga, colga, e iso que antes non había tarifas planas.

paideleo dixo...

Estou gratamente sorprendido de que gañase Obama. Non será todo o bo que pensamos pero será muito millor ca Bush, madia leva !.

Anonymous dixo...

Queridísimo e apreciadísimo Kaplan: Sinto moito ter esquencido o seu aniversario pero xa lle contarei. Chamareino para quedar o sábado se non ten a Lisa e se está, quedamos para tomar café na súa casa. Non me chame porque non teño móbil... nin internet...agora estou pitateando o do bar de abaixo pero supoño que mañá cambiarán a clave e xa non o terei. Moitos bicos e apertas e tirones de orellas Xa sabes que non te esquenzo ainda que non falemos por cuestións externas, compañeiro daialma, compañeiro... Tereholmes

Sun Iou Miou dixo...

Pois, parabéns, Kaplan, polo aniversario e por ter unha señorita nin que sexa, ás veces, só do outro lado do teléfono.

peke dixo...

Parece que como pai sae vostede ben librado sempre.

mariajesusparadela dixo...

Ay, señor Kaplan,´e agora cando teño o inmenso pracer de felicitalo...Os nenos nunca son así por casualidade.

La queue bleue dixo...

Epa! Felicidades!!