Como este ano é par e a señorita Kaplan pasará o Aninovo en Ithaca, Sábado meteuse en fariña e escribiu a carta ás Súas Maxestades de Oriente, deixándome moi encomendado que non se me esqueza botala no correo, que logo veñen os problemas e hai que cargar co que resta nas alforxas dos camelos (horribles bonecas con rodas en vez de pernas, balóns planos, barbies calvas, puzzles con pezas imposibles).
Na carta, despois de pedir paz para o mundo, a nena fai a súa lista de agasallos na que non faltan libros, bonecas, colonia e até unha cámara dixital (xa sei que é cara, pero deséxoa moito); para min pide un marco electrónico e uns calzoncillos (!); e para o resto da familia, moita felicidade, que non é pouco.
Tamén hai carbón: un compañeiro da escola que lles levanta a saia ás cativas cando a levan e o case expresidente Bush son os destinatarios.
Non sei canto tempo máis seguirá a señorita Kaplan acreditando nos Reis Magos e Papá Noel, e nesa entente cordiale pola que comparten monopolio e reparten agasallos, alternativamente, entre Manderley e Ithaca.
Oxalá me equivoque, pero teño para min que este vai ser o último ano.
5 comentarios:
eu também ainda acredito em tudo, até na bondade humana. esperarei papai noel, mesmo que em casa não tenha chaminé. Feliz Natal pata todos aí em Ithaca!
Que tengan un buen Nadal y un año nuevo muy muy feliz. Gracias también por los buenos momentos que tu blog nos hace pasar. Un abrazo
eu non creo en papa Noel (porque pais non hai mais que un), pero nos reis teño unha fé cega ( agás nos Borbóns que non creo nada de nada)
O millor destas datas é a ilusión que demostran os nenos que cren.
Supoño que o descremento será mui triste.
Estou cabreada. Tocoume traducir un documental que "pretende" demostrar que os Reis Magos non só non existiron, senón que o do rei negro (que é o meu preferido) foi un invento posterior. Como se non chegase co conto de que son os pais...
E vano botar un día destes pola Galega, aviso!
Publicar un comentario