xoves, 18 de decembro de 2008

Preparativos

A un día de que veña a señorita Kaplan, e a seis do Nadal propiamente dito, o tobo está ao fin ornamentado: a árbore, que desde a febre da nena aparecía do salón no ángulo escuro sen luces nin adornos, fúnebre e inexplicable, brilla agora con todo o esplendor oriental.
O nacemento, desafiando as leis da verosimilitude e a demografía, amorea entre musgo figuras de diferentes estilos e beléns, cosmopolita e ecléctico.
Na porta, un colgante máis cutre que o de hai dous anos pola súa propia seguridade, espera ter mellor sorte e sobrevivir o ano novo sen que o rouben.
A lotaría repartida, os postais enviados. E mañá, porfín, as vacacións (Diolasdea!).

9 comentarios:

leticia dixo...

En resumen: preparados, listos... navidad!!!

Disfrute de la peque. Besos para los dos.

Anonymous dixo...

As vacacións déixeas vir, que falta fan.
Bo nadal para vostede e a señorita Kaplan nese fermoso tobo.
X

mariajesusparadela dixo...

Eunon lle son de moito adorniño, pero se vostede o disfruta na boa compaña da señorita Kaplan, que sexa para ben.

paideleo dixo...

Hai que desfrutar das vacacións ( quen as teña ).
Nós montamos un belén este ano para o Leo e temos a árbore destes anos. O adorno na porta xa nolo roubaron unha vez e non máis.

Sun Iou Miou dixo...

Vexo que abunda o elemento rouba-adornos-das-portas entre o espírito fraterno do Nadal. Para cando inventan un os alemáns que copien os chineses que largue descargas eléctricas ao que lle bote a man?

Páseno vostedes lindamente, que eu vou procurar sobrevivir.

Mrs. Scrooge

Noemí Pastor dixo...

Disfrútelo usted. Con mis mejores deseos.

bueno dixo...

olá kaplan! te desejo um natal com felicida e uma ano novo com saúde e amor. Um abraço apertado do Norte.

bueno dixo...

felicida = felicidade
:-)

D. Rambaut dixo...

http://www.zappingmcsaatchi.com/xmas/?z=4


Daniel



Bó Nadal