domingo, 13 de setembro de 2009

Anderson (en diferido)

Grazas a May, ao aire acondicionado que había dentro da sala e á insistencia da miña filla, a semana pasada visitei por terceira vez a exposición da fotógrafa Ruth Matilda Anderson.
Como diría miña mai, este post naceu sen sorte: non só fermentou até hoxe nas adegas do blogue, senón que ademais se vai publicar en diferido mentres un servidor camiña entre odaliscas sensuais e cálidas paisaxes mediterráneas.
Dito isto, cómpre aclarar que Miss Anderson visitou e retratou Galiza e as súas xentes entre 1924 e 1925, que foi enviada pola Hispanic Society of America, e que nas súas fotos de feiras, enterros, fondas, oficios, labores agrarios, vilas e persoas se manifesta a dureza dun xeito de vivir diferente do actual, pero demasidado recoñecible.
A foto insignia da exposición, o reclamo para o público, está tirada na Muralla sobre a Porta de Santiago un frío día de xaneiro de 1925; á seguir puxen unha imaxe actual feita por min (coa colaboración da señorita Kaplan) do mesmo lugar e cun encadre similar; e debaixo delas, envellecida, un divertimento de fotoxó.
Como nos pasatempos dos xornais, pódese xogar a procurar as sete diferenzas; iso si, tendo en conta que aquí hai moitas máis de sete.



5 comentarios:

A.C. dixo...

Pois que bonito che quedou o retoque co fotoxó.
A muralla é moito muralla, e da moito de si. Ninguén de Lugo podemos imaxinar a nosa cidade sen ese morico de pedras tan ben disposto.

Apertas en diferido tamén logo

mariajesusparadela dixo...

Pois sí bonito o envellecemento do fotoxó e preciosa a foto do 1925...esos sombreiros encántanme.
A muralla, evidentemente, non precisa da miña opinión.

Tongzhi dixo...

Realmente são bem mais de 7, as diferenças. Mas mesmo assim há traços que se mantiveram.
Mas o que mais me agradou foi a ideia. Muito boa!!!

Sun Iou Miou dixo...

Mire, non todo é malo: os postes da luz ou do que sexa xa non están.

Que lle vaia ben onde queira que estea...

peke dixo...

Teño un libro desa fotógrafa. Unha delicia. E si, quedoulle ben bonito o retoque.