luns, 19 de outubro de 2009

Comunicado

A primeira baixa no acuario produciuse hoxe, e contra todo pronóstico non foi Carbón, o teléscópico negro, senón un sarasa chamado Cristal.
Hora da morte: entre as 12'30 da madrugada (cando fun para a cama ao final da película da TCM a vítima vivía e coleaba) e as 14'45, cando descubrín o corpo flotando boca arriba no acuario e sen sinais visibles de violencia.
Causa da morte: indeterminada.
A señorita Kaplan foi xa avisada, e o cadáver repousa a esta hora nun leito mortuorio de mondas de laranxa, pousos de café e restos de salada de onte.
D.E.P.

5 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Pois, so lle podo dicir que o sinto.

Sun Iou Miou dixo...

Eu tamén morría se me metesen nun acuario, que quere que lle diga. Síntoo pola señorita Kaplan e polo peixe.

Perry dixo...

Mi más sentido pésame, caballero.

peke dixo...

Que pouco durou o pobre.

Tongzhi dixo...

Compra dois!
Era o qu eu fazia quando havia um "baixa" no aquário.