sábado, 24 de outubro de 2009

Dez cousas que NON fago

Confeso que xa tiña mono dun meme, abenzoado el, esa estupenda e baratísima maneira de psicoanalizarse un e ao mesmo tempo supervitaminar e mineralizar o blogue propio se anda de capa caída; desta tócame agradecerllo a Noe Pastor, que no seu Boquitas pintadas deixou aberta a porta a quen queira respostar o meme das dez cousas que non fago.
Como sei que de todo hai na viña do Señor, mesmo quen se alporice por ser metido en danza, non darei nomes e deixarei logo eu tamén aberta a porta do meme a quen quixer respostalo.
Asi pois, adiante.

1. NON bebo auga da traída. A da nosa cidade é tan mala que hai quen pensa que pode ser tóxica; eu nin bebo nin opino.
2. NON nado nada: non porque non teña traxe, senón porque non sei nadar.
3. NON collo nunca os papeis de propaganda que dan pola rúa.
4. NON tomo café despois das catro da tarde.
5. NON uso pixama para durmir, moito menos pingas dalgún perfume.
6. NON escoito a radio nin vexo a televisión na cama.
7. NON falo de fútbol nunca, e aínda menos no traballo.
8. NON rezo (como había de facelo, se son ateo desde a adolescencia).
9. NON ando nunca en bicicleta, e iso que teño unha, estupenda, hibernando no garaxe.
10. NON saio nunca da casa sen deixar a cama feita.

7 comentarios:

brancalúa dixo...

¡Que pena de bici hibernando no garaxe!

Proba a darlle unha volta.

Saúdos

mariajesusparadela dixo...

Haille cousiñas ahí que eu tampouco fago nunca.
Pero eu non lle son de memes.

Sun Iou Miou dixo...

A ilustración é xeitosa, pero do NON ruso deduzo que o que rexeita o cata é vodka, non auga da traída. Hehehe! Non vou facer o meme, porque non me inspira, pero voume comparar con vostede, co seu permiso.

1. Bebo auga da traída, que aquí é excelente.
2. Nado pouco e mal, porque non soporto meter a cabeza debaixo da auga. Na ducha (loada sexa a invención da ducha-teléfono!) procuro non mollala, salvo que toque lavar a cabeza.
3. Sempre collo os papeis de propaganda na rúa. Pensándoo ben, creo que se debera erradicar esta práctica, porque sempre acaban na papeleira máis próxima ou, no seu defecto no meu bulso. Son incapaz de botar nada ao chan, aínda que estea nun lugar en que me dea o lixo polos xeonllos.
4. Sempre tomo café despois das catro tarde e ás veces incluso sendo noite negra.
5. Non uso pixama para durmir, moito menos perfumes (disto nin esperta).
6. Non escoito a radio nin vexo a televisión na cama.
7. Aquí nin amento a palabra.
8. Tampouco rezo, a nada nin por nada.
9. Ando en bicicleta todo o que podo, que non é moito porque os xeonllos non me deixan (1 hora máximo).
10. Xamais me poño a traballar sen antes facer a cama. Traballo na casa e non soporto ver a cama desfeita máis do necesario para ventilar.

Desculpe que lle roubase o espazo, Kaplan.

Peke dixo...

A ver se me animo a facelo, pero teño que pensar un pouco.

Perry dixo...

A ver, a ver: ni bebo agua, ni uso pijama, ni rezo, ni hago la cama. Lo de la bici, a lo mejor un día podríamos dar un paseo por hacer ejercicio.

Anonymous dixo...

1. NON abandono a illa.
2. NON podía imaxinar que non sabía nadar.
3. NON rexeito nunca os papeis de propaganda pola rúa, sempre penso que quen mo dá vive diso.
4. NON rexeito o perfume no leito.
5. NON renuncio a unha boa peli desde a cama.
6. NON teño tempo para nada.
7. NON teño ganas de nada.
8. NON teño bici gardada, deléitome con ver as dos demais mortas entre o pasado inservible.
9. NON me gusta deitarme nunha cama desfeita a non ser que a desfixe previamente nun período inferior a 8 horas.
10. NON me conformo.

Saúdos.

Noemí Pastor dixo...

Coge la propaganda de la calle, hombre. Le harás un gran favor a la pobrecita o pobrecito que los reparte a cambio de una paga miserable. Besos negativos.