Escoitei na prensa ou lin pola radio hoxe á mañá, pode que fose onte, tal o meu aparvamento doente, que as cifras de nove días de Sanfro deixaron tras de si 900.000 visitantes, 18 millóns de euros, máis de mil cincocentas toneladas de lixo e abundantes desperfeitos no Parque.
O meu saldo é moito máis exiguo: viñeron os Haddock ao Domingo das Mozas e comemos o polbo nas casetas, entre os nativos, con explicacións teórica e práctica do ritual; fun comer o polbo outras dúas veces, unha coa familia e outra con Polis, e así non irei cos do traballo porque xa abonda; gastei seis euriños na lotaría e gañei trinta eurazos; cumpriume subir á noria tras tres décadas, pero desta vez para acompañar unha rapaza que é a miña filla; e por último pastoreei con Haddock as nosas fillas polos concertos, as barracas e entre os negros que vendían; comemos, bebemos e mesmo cantamos nas sobremesas (non na caseta, por deus); vimos cine de Oriente e cine de Occidente en familia; e imitamos até o colapso o riso gutural e fungón do Hamlet máis superhonrado de Valencia, mentres as nenas interactuaban e a nova señora Haddock facía, pacientemente, de tripas corazón.
As señoritas Haddock e Kaplan descubriron que a barraca dos seus soños non é a noria senón o portentoso simulador das seis dimensións, co que navegaron polo fondo dun proceloso mar e até se deslizaron por montañas rusas non aptas para cardíacos sen se ergueren das butacas móbiles e con aquelas gafas de ministro de Franco postas.
Por último, e ademais de runas da sorte, unha caixa de lata da Betty Boop, unha pulseira dos negros, unha mancha de tinto na camiseta favorita e un cadelo de penuxe, a señorita Kaplan conseguiu que lle crease a súa primeira conta de correo electrónico.
Houbo un tempo e que as nenas soñaban con seren princesas; agora queren ter un blog.

3 comentarios:
Alégrome de que estea recuperado, Kaplan, que xa tiña gana de ouvir o parte da festa.
En canto á súa princesa, non se admire. Triste sería que lle pedise para abrir unha conta en twitter. Pero un blog... non pensará que se lle ía ocorrer á criatura escribir o seu diario nun caderno de papel?
Por certo, se non quedou cheo de polbo, lin por aí a receita para cocelo sen auga e parece que é o sabor é moito máis intenso. Se un día me animo, xa lle contarei.
Quérome apuntar como seguidora dese blogue, faga o favor de llo preparar ´rapidamente. Morro de impaciencia.
Das festas acostuman resultar boas lembranzas e ledicias.
Sempre paga a pena perder uns euros ( pouco máis de 20 segundo os dados aportados ).
Publicar un comentario