xoves, 2 de febreiro de 2006

Blasfémia

Eu, pai dunha filla de cinco anos (e que por tanto odia burkas e outros panos), europeo educado na heterodoxia, ateo pola graza de deus, negador do concepto agnosticismo, demócrata até a medula, e ser humano libre e autónomo vocacional, como non hei de ser crítico con eses se a estes non lles paso unha?
E agora non podo/debo calar, claro que non.
Se me río do deus para o que me bautizaron, como non me vou rir dese que promete paraísos cheos de virxes para os que dean a vida pola fe? Laboriosos e ilusos son: co traballiño que dan as virxes, pero claro, un cuarto de hora de gloria teno calquera, xa o dicía Woody Allen, ese xudeu circunciso...

E dito isto, aquí estou, veñan por min, se son un blasfemo e a blasfemia se paga coa morte...
Pero antes falemos, non me neguen o pracer de debater, cara a cara, entre seres racionais...

2 comentarios:

Anonymous dixo...

Te ha salido el post un poco chulesco, no?

Laurindinha dixo...

Tes moita razón pero, tal como están as cousas no mundo, co extremismo ó que están sendo acurralados os países islámicos, ó mellor, o máis intelixente é tratar de non alimentar máis odio.