sábado, 4 de febreiro de 2006

Dieta

O médico é mui claro, implacável mesmo: fala de intoleráncia á glicosa e da eventualidade dunha diabete a longo prazo.
Revisa os resultados da analítica, pesa-me, pon-me a dieta, e manda-me volver a pesar dentro de quince dias.
Na Cova tomo con Vapin e os correlixionários do akelarre as derradeiras cervexas deste Inverno, e torno para a casa rosmando.
A noite está fria e estrelecida, e o vento corta coma unha navalla.

12 comentarios:

Madeleine dixo...

Eu diríache que seguises a disfrutar dese frío compostelán despois de ter xantado unha boa chantada dun guiso caseiro ou un bo anaco de pastel de mazán.
A miña abuela sempre fala de que antes nunca había tales cousas, que todo é para non deixarnos comer en paz.
Por certo, queda vostede invitado a un anequiño de tarta, garantizado e á miña saúde cun trago de viño da casa.

Tongzhi dixo...

Hoje há muitos recursos para corrigir isso sem ser preciso uma dieta castradora!
Vai tudo melhorar :)
Bom fim de semana

Peke dixo...

A primeira vez que me puxeron a dieta suprimindo determinados alimentos agarrei un cabreo moi semellante ao seu. Ánimo, que a cousa acaba levándose ben..., en fin, bastante ben.

Tere Holmes dixo...

Después de desinstalar todos los módems y de reinstalar sólo el interno he conseguido poder volver a entrar en Internet.
Ayer sólo quería una palabra amable no un bisturí que diseccionara la causa de mi depre (ya sé que eres un buen cirujano) ni un dedo hurgando en la herida (sí realmente tuve un mal día).
Siento lo de tu dieta ya me contarás pero ya intuías algo ¿no tenías una apuesta con Ti y la báscula para Enero? Según mis médicos y dadas mis patologías óseas sigo estando por encima de mi peso ideal. Dejaré de ir… tenía que haber ido en diciembre…

Banderas, embajadas quemadas…personas amenazadas…locura. El fundamentalismo ataca de nuevo. Mi falta de armazón ideológico me hace creer que todos somos fundamentalistas de distintas creencias. Como buena creyente de la libertad de expresión y del laicismo defiendo mis dogmas frente a las otras religiones. Por lo menos mis creencias no me obligan a quemar banderas o símbolos religiosos, ni hacer la guerra santa-cruzada.
Seamos fundamentalistas de la LIBERTAD

Arín dixo...

Parece que o meniño ten pupa e o poñen a dieta: a ver, un biquiño na puntiña para que pase...:-)

bueno dixo...

eu também, vou ter que fazer uma dieta. triste, mas verdadeiro. adeus macdonalds, pizzas, paes e acucares (alcool). benvindos os legumes e carnes magras! Ugh! mesmo assim, um bom fim de semana! Como o TZ disse, tudo vai melhorar!

Marinha de Allegue dixo...

Pois eu vou compartir contigo a miña experiencia. E gustaríame poder trasladarche todo o ánimo e a enerxía precisa para seguir unha dieta.para que poidas acadar éxitos coma os meus.
A miña experiencia foi tremendamente positiva de verdade que compensa o esforzo e mira que eu son lambona encántame comer e todo me gusta...
En fin o endocrino púxome a dieta (1300 cal) en xaneiro do 2oo5. Eu pesaba 91 kilos, na actualidade peso 23 kilos menos. No mes de xullo eu xa chegara ao meu peso ideal, así que xa empecei coa dieta (1500 cal a que teño na actualidade considérase que a dieta normal a que todo o mundo debera seguir).
Eu accedín de moi boa gana á dieta pq eu sentíame mal, bastante mal e ademais estaba pendiente dunha intervención xinecolóxica e tamén me recomendaban adelgazar para evitar complicacións. Operáronme no mes de abril (por certo con moito éxito), eu xa tiña 16 kilos menos.
Anímote a que non penses na dieta coma nunha tortura senón como unha acción sanadora.
Moita forza, si poido axudar en algo non tes máis que pedirmo.
Unha aperta e un beijo.
:)

D. Rambaut dixo...

Este sitio onde eu vivo está cheo de "nonfixenoqueomédicomedixo". Despós non laies. Coidate meu rulo, que nos fas unha xudiada; no rocho non cabemos máis.
Daniel

i.a. dixo...

ah! é terrível! ánimo mr. kaplan!

nona dixo...

Ánimo, home. Eu levo un mes e xa perdín 5 kilos. E o que me queda. O único truco é non pasar fame e que che guste o que comes.Parece difícil, pero é só botarlle moito tempo e imaxinación á cociña (e que non se pelexen as calorías co bon sabor). Pena que non che gusten as sopas, porque fan moi ben de primeiro plato.

Laurindinha dixo...

Por agora inda non tiven nunca que pórme a dieta pero a verdade é que debe ser terrible!Podo suprimir cantidades, pero alimentos... debe de ser unha tortura!Mais, como se adoita dicir, a saúde é o primeiro!Así que moito ánimo!

Mr Tichborne dixo...

Máis ca dieta, disque é mellor deixar de petiscar porcalladas, e, sobre todo, exercicio. Sácalle o ferruxe á bici :)

E se non, viva a curva da felicidade! Como di un amigo meu sinalando para o seu bandullo "¿Pero ti sabes a pasta que levo aquí dentro invertida?"