martes, 21 de febreiro de 2006

Pesos e medidas

Falan esta mañá na sala de profesores da super-nena colombiana nascida en Madrid con 56'5 cm e máis de sete kilos de peso, e as miñas colegas de contado dan en competir cos pesos e medidas dos seus própios fillos cando nasceron.
A miña irreprimível vis maruja fai que tamén eu me lance á arena: A miña pesou dous kilos con dous centos gramos, digo, e todas me miran, intruso naquel colóquio intimamente feminino.
A roliza profesora de inglés dispara un último dardo, que non me dá porque xa vou saíndo para a aula: Pois eu pesava dous kilos cen.

5 comentarios:

Peke dixo...

Quizais a repoluda de inglés quería dicirche que non te preocupases, que a túa nena pode recuperar peso en canto medre un chisco máis. ;)

Kaplan dixo...

iso espero :-D

D. Rambaut dixo...

Aiii¡¡¡ Eu xa nin me lembro cando pesara o nascer... máis agora son lixeiro coma un xílgaro ( e non é precisamente pola miña "etereidade"). Non obstante meu queridiño seguro que eses dous quilos douscentos fanche sentir moreas de toneladas de ledicia.¡ Envéxoche !
Daniel ;-)

Laurindinha dixo...

Que machistas as túas compañeiras...
As Laurindinhas pesamos 3'8 e 4'9...

Tongzhi dixo...

Na sala de professores não se pode meter nas conversas "delas"... sobra sempre para nós!