Ser consecuente é unha lata: empezo a fartarme de atravesar de sandalias e manga curta, pero con paraugas e carne de galiña, este Outono estival, tan só por coherencia, e por serlle fiel a un calendario absurdo.
A miña filla ao lado vai dicindo Non te enfades co tempo papá, mentres sobe a carapucha e abotoa até arriba o impermeable.
6 comentarios:
House, House, House...
Jajajajá
¡Permítame que me monde!
A súa filla, cando menos, leva impermeable. ;)
hehe, casi será millor deixar de ser consecuente antes de pillar unha gripe, ou?????
bicossssss
Yo me resigno a poner buena cara a este mal tiempo (eso sí, no me puedo resistir a poner el impermeable) Puag!
Creio que os moteros também som uns grandes representantes disso que dis da coerência co calendário e da resistência heróica nesta espécie de época dos monçons, hehe. Admirável ;)
Publicar un comentario