luns, 13 de agosto de 2007

Dispersión

Se algo está a caracterizar estes días é a total dispersión; vou dun lado para outro atendendo ducias de cousas de pequeno calibre que só máis tarde encaixarán como as pezas dun puzzle: a miña vida no novo tobo, no novo Outono, no novo curso.
Pago unha cociña en que apenas cociñarei, compro un enorme espello para o baño do que a miña filla xa se apropiou, meto présa ao ebanista co armario do meu cuarto, dou xabón ao meu cuñado para que non esqueza que a auga ten que correr por canos, cóbados e billas que aínda non instalou, espero resignado que Setembro traia consigo a libraría do salón que pasa as vacacións nalgún lugar do Mediterráneo, mido e calculo espazos onde situar os mobles que levo anos arrastro, coma unha biografía.

7 comentarios:

peke dixo...

A iso chámase preparar o niño. :)

paideleo dixo...

As mudanzas son liosas pero necesarias.
Sorte cos veciños.

Morgana dixo...

Dígamelo a mí ;) (y eso, suerte con los vecinos)

Pájaro Azul dixo...

Toda mudanza significa cambío. Todo cambio algo nuevo.
Todo lo nuevo algo de esperanza.
Toda esperanza incluye un deseo.
Que ese deseo incluido en la esperanza sea la nueva felicidad que llegará con con el cambio significativo de la mudanza.

X dixo...

Non desespere, ha ter a súa xusta recompensa.

Alicia dixo...

Xa fuches de viaxe de verán ou agardas por min?

Kaplan dixo...

alicia?! deches daquela con ithaca? chama e falamos, anda.